1 de abr. de 2015
DIPLOMAS FAMILIAS
O venres recibimos a visitas das familias dos protagonistas da clase nas últimas semanas.Laura
ACTIVIDADES DE MARZO
Estas son as actividades que fixemos nos derradeiros días de MArzo. Laura
Ola familias, a pasada semana tiven os mellores agasallos de benvida ao cole por parte de Inés e Izan que souberon emocionarme dunha forma moi, moi especial...
O recibimento por parte de todos foi estupendo. Moitísimas gracias.
Laura.
20 de mar. de 2015
FAMILIA DE NOELIA
Ola familias, o pasado xoves a clase tivo a visita da familia de Noelia. María, Pablo e Noelia continuando co traballo iniciado por Ánxeles, deleitaron á clase cunha fermosa poesía do "Abezoo" en linguaxe de signos (La Granja de los sonidos) . Fixeron unha representación de varios animais nun teatro de sombras para que os nenos e nenas xogaran a adiviñalos. Tamén ensinaron as iniciais dos nomes dos compañeiros en linguaxe de Signos, e agasallaron aos nenos e nenas cunha tarxeta co abcedario en L.S. para practicar nas casas.
Moitas gracias Familia!!
Laura
12 de mar. de 2015
NENOS E NENAS DE 3 ANOS. ENTROIDO
Ola familias. Gracias a colaboración de María a mamá de Noelia puidemos recuperar estas bonitas fotos do día de entroido. Para as familias que non puideron asistir aquí tedes a evidencia de que o pasaron xenial!!! Gracias María.
Laura
11 de mar. de 2015
ANIVERSARIO DE QUIQUE.
Parabéns Quique. Gracias por compartir ese biscoito tan delicioso coa clase.
Xa eres un ano máis guapo !!!
Laura
INÉS. PROTAGONISTA DA SEMANA
A semana pasada a clase tivo a visita de Emma, a mamá de Inés, que deleitou á clase co marabilloso conto de " Nadarín ". Con este conto ensinoulle aos nenos e nenas os logros que se poden acadar se se traballa en grupo,e en colaboración cos compañeiros. Todos os peixiños xuntos puideron!!!
Laura
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)