23 de nov. de 2014

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. MAMÁ DE CANDELA

Ola, o pasado luns tivemos a visita de Sonia, a mamá de Candela que nos contou a historia de Pepo e Estela. Aos nenos e nenas encantoulles este conto polo que agardo que disfruten na vindeira primaveira cos gusanos de seda que teremos na clase. Moitas gracias Sonia. Laura.

FAMILIA DE MIGUEL

Ola, fai uns días tivemos a visita da familia de Miguel na súa semana como protagonista. Sorprendéronnos cun traballo estupendo sobre as ovellas e marabilláronnos cunha la de ovella que tiña a textura exactamente igual a la das ovellas, e un olor que nos trasnportou aos campos de ovellas. Os papás de Miguel voltarán ao cole para lernos un conto perfecto para completar este traballo: "Ovelliña dáme la". Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. MAGOSTO

Ola familias, este foi o primeiro magosto celebrado no cole cos vosos fillos e fillas. Agardo que pasásedes un bo rato acompañando aos nenos e nenas neste día. Moitísimas gracias por participar nas actividades do cole. Laura.

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. TEATRO COS COMPAÑEIROS DE PRIMARIA

Ola familias, este venres tivemos a visita da compañía de teatro dos compañeiros de 6º de primaria. Disfrutaron moitísimo tanto os pequenos como os maiores. Laura.

12 de nov. de 2014

PLANETA AZUL

Esta mañá tivemos a visita da familia de Diego Vázquez e aprendimos unha manchea de cousas sobre o plantea terra . Diego preparou moito a exposición na casa pero estaba nervioso e tivemos que dar un forte aplauso para tranquilizalo ! María e Nino tamén nos contaron moitas cousas interesantes e todos os nenos e nenas da clase quedaron contentos . Moitas grazas ! Patricia

10 de nov. de 2014

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. HORA DE LER

Fai uns días coincidindo coas datas de celebración do Samaín Marta a mamá de Antía contounos un conto estupendo coa colaboración dos nenos e nenas da clase. Laura.

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. 2º CUPÓN

Ola familias. Mirade que felices están os nenos e nenas de 3 anos puidendo ensinar diante da clase os progresos na súa autonomía. Ánimo e a polo seguinte cupón! Laura.