31 de out. de 2021

OS CROCODILOS CELEBRARON OS ANIVERSARIOS E O SAMAÍN!

 

Esta semana disfrutamos dos aniversarios de Julieta, Mateo e André, qué ben o pasamos! Ademáis, démoslles as tarxetas cos debuxos que fixeron os crocodilos, quedaron moi fermosas 😊




MOITAS FELICIDADES!



E chegou o Samaín…

Durante esta semana os nenos e as nenas estiveron facendo algunas propostas relacionadas con esta temática. Ademáis, fixemos entre todos dous monstros, e puxémoslle nome. Preséntovos a Ronchi e a Pepón! A verdade é que quedaron terroríficos!


O venres celebramos a festa do Samaín, e lucimos os nosos disfraces. Os crocodilos iban terroríficamente fermosos e fermosas😊





Neste día tamén visitamos a exposición das cabazas que fixeron os nenos de infantil, encantounos! Ademáis, os crocodilos pudieron xogar con algunhas cousiñas do samaín como teas de araña, esqueletos…



Tamén celebramos o Samagostín, polo que os crocodilos comeron castañas asadas, qué boas estaban!


Ata a próxima publicación familias! Que pasedes un feliz Samaín 😊


Ningún comentario:

Publicar un comentario