30 de xuño de 2021

PECHAMOS UNHA ETAPA EN 5 ANOS... E ABRIMOS AS PORTAS A UNHA NOVA ETAPA: PRIMARIA!

Aínda que non nos fagamos á idea, chegamos ao 21 de Xuño pechando a promoción 2018 - 2021!!

Os granxeir@s e dinosaurios graduáronse como soamente elas e eles quixeron facer: con palabras bonitas, palabras cheas de sentimentos e inquedanzas, que resumen o sentido ao longo destes dulces anos. 


Ao calor das súas familias, docentes, compañeir@s de viaxe, animáronse a dicir as súas palabras e depositalas nunha caixa, que quedará no recordo.  





















... e sempre que pechamos unha porta, abrimos outra a unha nova viaxe: BENVIDOS A PRIMARIA CATIVAS E CATIVOS!!!

O Departamento de Orientación quere darvos a benvida a través deste genially. Esperamos que o desfrutedes:

IMOS A PRIMARIA

(pinchade no enlace para acceder a él)

Ningún comentario:

Publicar un comentario