1 de xuño de 2020

PROPOSTA GRANXEIR@S E DINOS NESTE LUNS 1 DE XUÑO "CENORIAS NUMÉRICAS"


OLA CATIV@S E FAMILIAS!! ENTRAMOS NO MES DE XUÑO E POUCO A POUCO VAI REMATANDO ESTE CURSO TAN "MOVIDO". 


ÍMOS COMEZAR ESTE LUNS, PREPARANDO UNHAS CENORIAS NUMÉRICAS MOI DIVERTIDAS 😉, POIS MOITO APETECEN NESTES DÍAS DE CALOR, E OS XEADOS TAMÉN!!!ESTADES PREPARAD@S??????



1.COMEZAMOS REPASANDO OS NÚMEROS E A SÚA CANTIDADE: OS NOMBRAMOS EN VOZ ALTA, OS ASOCIAMOS A CANTIDADES QUE TEÑAMOS POLA CASA: 4 SILLAS, 2 CAMAS, 3 PLANTAS, O DÍA 1 NO CALENDARIO DO MES 6 DO ANO 2020...  PODEDES PLASMALOS NUN PAPEL, REPASAR A SÚA GRAFÍA, DECORALOS, PINTALOS CON TIZA NO CHAN DA RÚA, BEN GRANDOTES E CAMIÑAR SOBRE ELES SEGUINDO A SÚA GRAFÍA........

2. A CONTINUACIÓN, COLLEDE UN FOLIO E PINTÁDEO DE COR LARANXA E OUTRO DE COR VERDE. LOGO CORTADE/RASGADE COS DEDOS O LARANXA EN FORMA DE CENOIRA E O VERDE EN TIRAS. 

3. NO FOLIO LARANXA PINTADE UN NÚMERO CALQUERA, ESCOLLIDO POLO CATIV@ LIBREMENTE, E DE SEGUIDO TEDES QUE PEGARLLE TANTAS TIRAS VERDES COMO INDICA O NÚMERO ESCOLLIDO. 



                                   




LISTO: XA TEDES AS VOSAS CENORIAS NUMÉRICAS COAS QUE PODEDES XOGAR SEMPRE QUE QUEIRADES REPASAR OS NÚMEROS. ASE MESMO, EXPLORAMOS AS CANTIDADES, A COORDINACIÓN ÓCULO MANUAL E IMPULSO DA PRENSIÓN CO RASGADO OU RECORTADO, E A APLICACIÓN DA LÓXICA - MATEMÁTICA A REALIDADE DIARIA E MÁIS COTIÁ. 

MOITOS BIQUIÑOS E APERTAS!!!! MUAAAAAAAAAAAAAA!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario