10 de feb. de 2020


TRABALLAMOS CO MILLO
No mes de outubro os nenos e nenas de 5 anos A e 5 anos B estivemos a traballar co millo: coñecimos como se sementa e se colleita o millo, comparamos mazarocas e tipos de grans, pesámolas e medímolas, quitamos os grans as mazarocas, construimos cos grans, fixemos bonecos/as e elaboramos un gran mural. Foi unha actividade moi divertida onde aprendimos moitas cousas.







Ningún comentario:

Publicar un comentario