Ola familias!
Xa estamos a piques de rematar coas participacións e nesta ocasión contamos coa investigación de Noé e a súa familia sobre a gran BATALLA DE RANDE, en busca do tesouro perdido!
Noé e a súa familia, fixeron unha ruta pola zona onde se loitou unha das grandes batallas de navíos na ría de Vigo, na ensenada da Illa de San Simón!
Grazas a un vídeo que fixeron da ruta, fóronnos explicando a ubicación da mesma, como se librou dita batalla, por onde entraron os navíos...e tamén contáronnos que todavía queda un tesouro agochado nas profundidades da ría: ENCANTOUNOS! Na ruta atoparon o Museo Meirande: centro de interpretación da Batalla de Rande: XENIAL!
![]() |
(preme na imaxe para acceder a info) |
Logo xogamos cun gran mural da batalla e os navíos, e ata atopamos o cofre do tesouro cheo de moedas de chocolate: QUE BEN O PASAMOS!