24 de xuño de 2025

APRENDEMOS NA SABANA

O noso proxecto “pegadas da sabana” serviunos como fío condutor para aprender moitas cousas sobre os animais, os seus hábitats… e tamén para traballar os contidos de lectoescritura e matemáticas dun xeito motivador e significativo.

• Con letras formamos os  nomes dos animais da sabana e clasificámolos por número de sílabas.

• Fixemos descricións de animais (forma, cor, tamaño, como se desprazan…).

• Creamos adiviñas.

• Contamos  animais e comparamos tamaños.

• Fixemos series e clasificacións cos animais segundo o número de patas, o tamaño ou a velocidade.

O proxecto permitiunos aprender xogando e percorrer un camiño cheo de momentos de desfrute. 


CADERNO DE BITÁCORA

A aula das formigas e dos caracois  mergullámonos nun mundo cheo de misterios, cores e animais sorprendentes… o fondo do mar!

Durante este curso estivemos traballando no proxecto “Ti si que sabes… a mar!”, no que investigamos, observamos, xogamos e creamos arredor dos animais mariños.

Coñecemos peixes de todos os tamaños: polbos, estrelas de mar, cabaliños mariños, tartarugas, golfiños, baleas e moitos máis. Aprendemos onde viven, como respiran, que comen e como debemos coidar os océanos para que sigan sendo o seu fogar.

Como verdadeiros mariñeiros, fixemos un caderno de bitácora, no que fomos anotando todo o que descubrimos durante esta gran aventura.

 



A MALETA DA SABANA

A nosa viaxe pola sabana: animais e exploradores! 

Durante este curso, a aula das xirafas e dos elefantes viaxamos pola Sabana Africana  convertíndonos en auténticos exploradores/as. Asi puidemos coñecer o ecosistema africano a través de contos, vídeos, xogos e actividades artísticas.  Descubrimos como son os seus animais, onde viven, que comen e moitas curiosidades máis.

Cada neno e nena preparou un dossier no que incluímos:

• Localización de África e ecosistemas principais: deserto, sabana e selva.

• Montaña máis alta (Kilimanjaro), tribus africanas (os masais) e árbores máis características (os baobas).

• Fichas con información de animais como o elefante, o león, a xirafa, a cebra, o avestruz…

• Características principais dos animais que investigamos:  alimentación, hábitat, pelaxe e depredadores…


Para gardar todo este traballo fixemos unha maleta de explorador/a, decorada por cada alumno/a, coma se fósemos auténticos aventureiros/as da sabana, que preparamos na aula coa axuda das familias.


Foi un proxecto que nos fixo observar, investigar, crear e sobre todo… gozar aprendendo!

Agora levamos para a casa unha maleta chea de lembranzas e coñecemento.









AS AVES DA SABANA

Recibimos á familia de Ana para aprender que na sabana tamén viven moitas aves diferentes: grandes, pequenas, de cores vivas ou con longas patas… e que todas teñen algo en común: plumas e ovos!

Entre todas, coñecemos algunhas das máis sorprendentes: o avestruz, que non voa pero corre rapidísimo, a cigüeña africana, que vive preto da auga, o flamingo... e moitas máis que descubrimos con curiosidade!

Fixemos un obradoiro moi especial no que observamos ovos de diferentes tamaños e deixamos a nosa pegada en arcilla branca

Foi unha mañá chea de cor, creatividade e moita ilusión por aprender máis sobre os animais que voan polo ceo africano.



ADIVIÑA, ADIVIÑA...

Durante este curso viaxamos á Sabana Africa e coñecimos aos animais que habitan entre a herba alta, o sol alumeante e os baobabs xigantes. Aprendemos moitísimo sobre eles: como son, que comen, onde viven, cales son os seus depredadores…

E para pechar o noso proxecto dunha forma divertida, fixemos este vídeo cheo de… adiviñas!

Por grupos preparamos unha adiviña sobre un animal ou algo característico da sabana e agora desafiámosvos a adiviñar!

Dálle ao play… escoita con atención e tratade de descubrir de que animal se trata!



OS REPTÍS: UN MUNDO CHEO DE ESCAMAS

Para aprender sobre os reptís tivemos a visita da familia de Carmen coa que estivemos investigando e aprendendo moito sobre este grupo de animais tan curioso. Descubrimos que:

• Teñen escamas no corpo.

• Moitos deles poñen ovos.

• Son de sangue frío, polo que buscan o sol para quentarse.

• Hai réptiles que camiñan, que nadan e incluso que trepan!

Foi unha experiencia xenial para aprender a falar en público, traballar en equipo e descubrir os segredos destes animais.



OBRADOIRO TRIBU AFRICANA: OS MASAIS

Seguimos a nosa viaxe pola Sabana Africana  para coñecer unha das súas tribos máis coñecidas e fascinantes: os masáis.

Aprendemos que os masáis son un pobo que vive entre Kenia e Tanzania, que teñen unha cultura moi rica e colorida. Descubrimos como visten, como se organizan, os seus costumes e, sobre todo… os seus bailes tradicionais cheos de enerxía e saltos!

Fixemos un obradoiro no que:

• Fixemos colares inspirados nos que usan os masáis.

• Disfrazámonos con panos de cor vermella

• Bailamos coma auténticos masáis, facendo saltos e movementos tribais ao ritmo da música.

Foi unha experiencia chea de alegría, movemento e aprendizaxe. E sobre todo, serviu para respectar e valorar culturas diferentes á nosa, abrindo os ollos ao mundo e ao que nos rodea.