1 de xuño de 2015

Videos letras galegas


Aquí tedes uns vídeos aportados por María a mamá de Noelia, para lembrar o día das letras galegas. Laura
.


23 de maio de 2015

VISITA LIMOEIRO

LETRAS GALEGAS

Ola familias, aquí tedes as fotos do día das letras galegas para os que non puidestes ir a velos. Laura

FROITAS FRESCAS

Esta semana participamos no programa FROITAS FRESCAS. Cada día probamos unha froita distinta. Algunhas froitas tiveron moitísimo éxito. Espero que continuedes nas casas con estos hábitos tan saudables. Laura.

PROTAGONISTA UXÍA

Coa fammilia de Uxía elaboramos figuriñas de papel coas nosas mans. Moitas gracias. Pasámolo xenial. Laura.

ÓSCAR PROTAGONISTA

A semana pasada tivemos a visita da familia de Óscar. Os seus papás trouxeron ao cole varios animais ( unha tartaruga, un gato, un periquito, un hámster, grilos). Puidemos comprobar as diferencias nas súas mans e as características especias nos seus desprazamentos. Laura

HORA DE LER COA MAMÁ DE SARA

Eva, a mamá de Sara trouxo ao cole uns contos dixitais que puidemos disfrutar na pizarra blanca co proxector. Aos nenos e nenas encantoulles este gran formato. Moitas gracias Eva. Laura