28 de set. de 2013
AULA DE 5 ANOS.VISITA DO BUFÓN. CREACIÓN DO RECANTO DOS CASTELOS. ANIVERSARIO DE ADRIANA, BRAIS E LUCAS
ola mamás e papás, esta semana tivemos unha super sorpresa no cole.O Bufón dun castelo deixou no cole unha misión para os nenos de infantil. Axudar ao Cabaleiro do Castelo a rescatar a Dama que foi capturada pola malvada bruxa.
Esto foi o que fixemos durante esta semana.
22 de set. de 2013
AULA DE 5 ANOS. TRABALLO EN RECANTOS.
Esta semana estivemos organizando a dinámica da clase cos recantos.Estou moi contenta porque os nenos e nenas de 5 anos traballaron estupendamente. Espero que esto sexa o inicio dun bo ano de traballo.
Saúdos.
Laura.
16 de set. de 2013
AULA DE 5 ANOS. PRIMEIROS DÍAS DE CLASE.
Ola, por fin chegou o primeiro día de clase. Os nenos e nenas entraron na nova aula de 5 anos un pouco asustados, supoño que máis que nada pola medo ao descoñecido. Pero de contado atoparon os novos xoguetes,os recantos e por suposto as novas mascotas. Entón e o medo conveteuse en entusiasmo e ledicia. Comezaron a observar todo e,como non, querían explorar cada recuncho da clase ( por algo somos a clase dos exploradores).Pero claro xa chegou a profe para decirlles o que repito cada mañá: veña, co mandilón posto nos sentamos na alfombra.......!!!!! Os Primeiros días estamos organizando un pouco a clase e buscando,entre todos,o mellor xeito para que oa longo deste curso a dinámica da clase funcione ben.
LAURA
20 de xuño de 2013
Aniversario Pablo, Edgar e Xandre
O pasado mes de maio tres dos nosos pequenos entraron a formar parte do exclusivo grupo do nenos de 4 ANOS. Moitísimas felicidades para estes pequechos!!! Mirade que guapos estaban e que ben o pasaron...
Plantamos millo e lentellas na aula de 4 anos
Coa chegada da primavera e o bo tempo, os nenos e nenas da clase de 4 anos decidiron plantar lentellas e millo. Toda unha aventura que deu como resultado unhas fermosas macetas...
Aniversario Laura, Leo e Sabela
Ola papis e mamis,
hoxe celebramos a aniversario de tres pequenos máis. Bueno, agora xa non son tan pequenos pois xa teñen 4 anos...!!!! Moitas felicidade para LAURA, LEO E SABELA!!!!!
hoxe celebramos a aniversario de tres pequenos máis. Bueno, agora xa non son tan pequenos pois xa teñen 4 anos...!!!! Moitas felicidade para LAURA, LEO E SABELA!!!!!
31 de maio de 2013
Visita ao Museo do Mar de Vigo dos nenos de 3 anos
Ola a todos,
aínda que vai cun pouquiño de retraso, fixádevos cantas cousas aprendemos e que ben o pasamos no Museo do Mar de Vigo...
aínda que vai cun pouquiño de retraso, fixádevos cantas cousas aprendemos e que ben o pasamos no Museo do Mar de Vigo...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)