Con motivo da Semana da Prensa e do día da muller traballadora fixemos no noso bloc unha actividade na que unimos as dúas conmemoracións xunto co noso proxecto da prehistoria. Convertímonos en periodistas por unha semana e publicamos no noso Periolítico da Muller un retrato das mulleres máis importantes das nosas vidas: avóas, primas, irmás, madriña, mestras... cada un elixiu a que quería retratar, e quedaron unhas publicacións moi lindas.
30 de mar. de 2023
O PERIOLÍTICO DA MULLER
13 de mar. de 2023
SAÍDA AO MUSEO DO MAR
4 ANOS A 4 ANOS B
5 de mar. de 2023
ENTROIDO PREHISTORIA
E para rematar a festa do Entroido non podía faltar a temática do noso proxecto nos nosos disfraces. Foi unha mañá moi prehistórica!
SEMANA DO ENTROIDO
31 de xan. de 2023
DÍA DA PAZ COA ACTIVIDADE "SIEMBRA UN BESO"
Para celebrar o día da Paz cos pequenos/as de 4 anos propuxemos a actividade Siembra un beso, a partir do conto co mesmo nome e dando este marabilloso resultado:
4 ANOS A 4 ANOS B
8 de xan. de 2023
DOCUMENTACIÓN 1º TRIMESTRE DRAGÓNS
Ola familias aquí tedes as actividades que fixemos no 1º trimestre de 5 anos.
ASAMBLEA
Nas asambleas da primeira hora da mañá os cativos teñen un espacio de reunión no que sentados facendo un círculo no chan dialogan entre eles. Nas asambleas explicamos as rutinas( tan importantes en educación infantil) que imos levar a cabo durante a mañá , e continuamos coas tarefas asigandas ao engargado do día. Normalmente as titoras, potenciamos situacións de aprendizaxe para traballar aspectos da lectoescritura , e de conceptos matemáticos que lles interesan ao pequenos.
TRABALLO DE MESA
No traballo de mesa plantexamos actividades que requiren unha maior supervisión dos mestres. así como actividades de manualidades para traballar o trazo, a psicomotricidades fina, a coordinación óculo- manual, nas que priman a atención e o esforzo individual .











