13 de feb. de 2022

NOVAS DOS CROCODILOS

 

Ola familias! Hoxe móstrovos cousiñas que fixeron os crocodilos nestas últimas semanas.

Estivemos facendo cousiñas relacionadas ca lóxica matemática como por exemplo atopar o elemento que está noutra posición, colorear diferentes formas ata crear un elefante, simetrías, un memory…




Tamén realizamos actividades relacionadas ca serie numérica, a grafía dos números, xogaron co dado, contamos xoaniñas… Ademais, os crocodilos estaban moi motivados e motivadas cas sumas, así que na asemblea fixemos algunhas sumas sinxelas.





Nestas semanas os crocodilos escribiron moitísimo. Fixemos listas da compra, escribiron palabras relacionadas co inverno, os nomes dos nenos e das nenas que faltan, o día da semana… Ademais, esta semana temos algo novo na aula… OS NOSOS NOMES EN MINÚSCULA! Os crocodilos estaban tan motivados que comezaron a escribir letriñas e os nomes dos seus compañeiros/as.






Como xa sabedes, os crocodilos están encantados/as co supermercado que temos na aula. Fan listas da compra, mercan productos para elaborar as suas receitas, crean picnics, ceas… Ademais, na aula temos un mandil para o neno ou a nena que é o caxeiro/a, que fermosos/as están!



Na hora de ler soemos facer cousiñas diferentes. Uns días contamos historias con marionetas, outros a mestra lenos contos, visualizamos diferentes contos e libros que temos na aula... Esta semana inventamos unha historia a partir de debuxos que fixeron os nenos e as nenas, e este foi o resultado.



Finalmente, gustaríame mostrarvos o día que fumos a horta. O mestre Roi explicounos o funcionamento do composteiro e vimos os alimentos que podemos incorporar nel. Tamén entramos no invernadoiro, e prantamos berzas. Así que, agora unha vez a semana temos que ir a horta a regar as nosas berzas 😊





Ata aquí todo por hoxe. Vémonos pronto!

PROPOSTAS DO 14 AO 18 DE FEBREIRO. XOANIÑAS E BOLBORETAS

SAL DE CORES: Propoñémosvos unha actividade moi divertida e orixinal que encántalle facer ós nenos/as: tinxir sal de cores. Para iso colocamos dentro dunha bolsa de plástico con peche hermético un pouco de sal mariña, agregando unhas gotas de colorante alimenticio no interior e axitamos ben a bolsa para asegurarnos de que a sal empape ben o colorante. (poderíamos substituír o colorante por xizs de cores raiadas). Despois procedemos da mesma maneira con outros puñados de sal e distintos colorantes. Finalmente imos botando a sal tinxida nunha botella de cristal formando capas de distintos cores. Mirade que bonita queda!
PINTAMOS CON PALLIIÑAS: Se queredes pasar un rato divertido fomentando a creatividade e tamén un xesto tan importante como o sopro, podedes pintar cunha palliña introducindo nun dos seus extremos un pouco de pintura líquida e facendo que sopren amodiño para expandir a pintura e crear figuras como estas… A soprar!
CÓMO FACER UN XOGO DE MEMORIA CON MATERIAL DE REFUGALLO: Os xogos de memoria son xeniais para os nenos/as, primeiro porque, como o seu propio nome indica, exercitan a memoria; segundo, porque pásano en grande; e, terceiro, porque teñen distintas vantaxes como que os/as nenos/as gañan en memoria visual, melloran a concentración e atención e comezan a pensar máis rápido. Aquí podedes ver como crear de forma fácil e sinxela o voso propio xogo de memoria con material de refugallo.
TRABALLAMOS A ORIENTACIÓN ESPACIAL, AS FIGURAS XEOMÉTRICAS E AS CORES: Esta actividade consiste en crear un cadro de dobre entrada diferenciando cor e forma. Podemos facelo con cartón o cartolinas de cores. Os nenos/as peques deben colocar cada figura no seu sitio correspondente. Aproveitamos para verbalizar o nome das figuras xeométricas básicas (Círculo, Cadrado e Triángulo).
BAILAMOS O SON DE “MARÍA FUMAÇA”. ”LÚA”: E que mellor que mover o esqueleto ó son de María Fumaça? Animádevos a enviarnos un vídeo para ver o ben que o facedes!
BOA SEMANA, MOITOS BICOS!

11 de feb. de 2022

Os leóns teñen novas sobre as xoaniñas!

 Ola a todos e a todas! 


Estes días traballamos moitísimo no proxecto! Fixemos unha adiviña para escribir o nome de xoaniña, aprendimos como é o ciclo deste bichiño e debuxamos cada un a súa. 




Tamén fixemos no chan con diferentes elementos da natureza as xoaniñas, contamos as pezas do debuxo e comparamos qué equipo empregou máis.



A sorpresa foi atopar unha xoaniña no patio! Descubrimos que voan dende o dedo máis grande, pois sempre buscan o punto máis alto para despegar! 


Cantas cusas novas sabemos!

Ata pronto!



7 de feb. de 2022

MÁIS ACTIVIDADES DOS PINGÜÍNS (AULA DE 4 ANOS A)

 Ola de novo familias!!

Quería mostrarvos tamén unhas actividades que están a facer os vosos pequen@s coa profe Lucía.

En primeiro lugar, móstrovos unha actividade que fixeron en clase de psicomotricidade, na que traballaron algunhas posturas de Ioga. Mirade que ben o fan!!




Cando vén a profe Lucía á aula, realizamos con ela un obradoiro de matemáticas manipulativas. Canto estamos a aprender!


Ata pronto familias!!😊

SEMANA DO 7 AO 13 DE FEBREIRO

 Aquí tedes algunhas actividades para facer esta semana 







6 de feb. de 2022

PROPOSTAS DO 7 AO 11 DE FEBREIRO PARA AS XOANIÑAS E AS BOLBORETAS

OLA PEQUENOS/AS! 
APETÉCEVOS PASAR UN RATO DIVERTIDO? POIS AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS PROPOSTAS PARA FACER NA CASA. DESEXAMOS QUE VOS GUSTEN!

 


                         

MANDÁMOSVOS UNHA MOREA DE BICOS!
VÉMONOS AXIÑA!

NOVAS DA AULA DOS PINGÜÍNS!!


Ola de novo familias!
Déixovos un pequeno anaco das nosas últimas semanas no cole:

PROPOSTAS PARA COMEZAR O DÍA, onde traballamos diferentes aspectos de lectoescritura, lóxica-matemática, motricidade fina...




ACTIVIDADES DE GRAFISMO CREATIVO: 


DÍA DA PAZ. os nosos pequen@s, participaron nun mural onde quixeron sementar cousas bonitas: amor, bicos, apertas, amizade...



CONTEDORES DE RECICLAXE: na aula falamos da importancia da reciclaxe para reducir os efectos da contaminación e intentar coidar o máximo posible o noso planeta. Na nosa aula poñemos o noso graniño de area e reciclamos os plásticos, o papel, e aproveitamos os restos de froita para o noso composteiro do cole.



PLANTAMOS PÓLAS DE HORTENSIAS: esta semana viu o profe Roi para facer unha actividade connosco. Plantamos pólas de hortensias e estamos desexando ver como saen as súas flores!!!!




O COCIÑEIRO MARTIÑO: estas semanas tamén estivemos traballando moito sobre o conto "O cociñeiro Martiño". Falamos dos ingredientes que utilizou para facer o biscoito, de cal é o noso persoaxe favorito, das emocións de Martiño....



Ata pronto!!!!😉