10 de nov. de 2015

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. PROTAGONISTAS DA SEMANA

Ola familias, quero expresar que na clase de 3 anos teño nenos e nenas fabulosos criados en familias moi moi especiais, e o resultado son nenos felices e unha profe encantada e agradecida. Moitas grazas familias

MAGOSTO DOS TRASNOS

TALLER DE LÓXICA-MATEMÁTICA

Quero aproveitar esta entrada para agradecer a todas as familias dos trasnos o enorme traballo que fan colaborando con este taller de loxica-matemática que tanto lles gusta aos trasnos. E deciros que favorece moitísimo as aprendizaxes dos nenos e nenas da clase. É un proxecto totalmente elaborado pola da mamá de Inés pero sen dúbida, sen a vosa colaboración non se podería facer. Moitas grazas Sara e María pola vosa presentación. Laura

5 de nov. de 2015

HORA DE LER. MAMÁ DE LUKEN

Este Xoves tivemos a visita de Izaskun, a mamá de Luken que nos contou a historia dun Dragón maravilloso. Moitas gracias. Laura

TRASNOS

Esta primeira semana de Novembro recollimos a decoración do Samaín, preparamos o xogo da festa do Magosto coa profe Luci, e fixemos unha FESTA DE NÉMEROS. Laura

13 de out. de 2015

PROXECTO DE COCIÑA. MAMÁ DE INÉS

Ola familias, aquí tedes a primeira mamá que estivo na clase dos trasnos, nun obradoiro de cociña, no que elaborou un pan tostado delicioso que degustaron todos os nenos e as nenas da clase de 4 anos. Moitas grazas Emma pola actividade. Laura

TRASNOS . ACTIVIDADES OUTUBRO

Houbo un erro nas fotos das actividades de Outubro. Estas son as fotografías da clase do mes de Outubro. Laura