16 de feb. de 2014

OS PAIS DE MATEO ENSÍNANNOS MOITAS COUSAS SOBRE OS CASTELOS

O pasado venres 7 de febreiro, os pais de Mateo viñeron a nosa aula e nos ensinaron moitos castelos que visitaron con Mateo e a súa irmá Lucía. Despois preparamos unhas deliciosas galletiñas de mantequilla e as decoramos con fondant de diferentes cores. Estaban boísimas, moitas grazas a Pablo e a Vanesa por animarvos a compartir o voso tempo con nós facendo unha actividade tan divertida!!!!

11 de feb. de 2014

ASÍ DE GUAPOS ESTARÁN OS NOSOS PEQUENOS O DÍA DO ENTROIDO

Aínda que na foto o traxe de bufón e do cabaleiro é moi longo, é soamente unha proba, para que vexades como é o modelo. Como se indican nos pasos o traxe de bufón e de cabaleiro deberá adaptarse á altura do neno e quedar por enriba dos xeonllos

ANIVERSARIOS EN XANEIRO

No mes de xaneiro celebramos os aniversarios de Antía, Alan y Diego Vázquez que xa cumpriron 5 anos e da profe Patri e Noelia.

DISFRAZ DE BUFÓN

Nas seguintes imaxes podedes ver os pasos a seguir para confeccionar o disfraz de bufón

DISFRAZ DE CABALEIRO MEDIEVAL

Nas seguintes imaxes podedes ver os pasos a seguir para confeccionar o disfraz de cabaleiro medieval O ESCUDO DOS CABALEIROS O TEÑEN QUE PINTAR, FORRALO CON FORRO ADHESIVO E PEGALO NA PARTE PRATEADA DA ARMADURA PORQUE SENÓN NON LLES QUEDA SITIO PARA POÑER O CINTURÓN

DISFRAZ DE DAMA MEDIEVAL

Nas seguintes imaxes podedes ver os pasos a seguir para confeccionar o disfraz de dama medieval

9 de feb. de 2014

DÍA DA PAZ (30 de xaneiro)

Aínda que polo tempo tivemos que pospoñer a saída ao ceip Ría de Vigo para celebrar o Día da Paz, nos días previos preparamos a nosa aperta xigante que envíamos aos nenos e nenas de 4 anos do Ceip Ría de Vigo e eles nos enviaron a nós a súa para coñecernos antes da visita.