9 de feb. de 2014
ACTIVIDADES DAS ÚLTIMAS SEMANAS
Nestas últimas semanas recibimos a visita do Bufón Real, que nos deixou un pergamino para recordarnos que seguían esperando a nosa axuda para rescatar a dama do castelo e nos envíaba unha fotografías de castelos de España que estivemos localizando no mapa de España.
Tamén estivemos traballando a lóxica-matemática con dominó, moedas...
Comezamos a escoitar cantigas da época medieval de Alfonso X O Sabio, e coñecimos algúns instrumentos da época.
2 de feb. de 2014
NENOS E NENAS DE 3 ANOS. ANIVERSARIO DE ÉRIKA.
Parabéns Érika, xa pertences ao grupo de nenos e nenas de 4 anos.
MAMÁ DE BELTRÁN
Ola familias, fai uns días a mamá de Beltrán visitou a clase de 5 anos. Presentounos a Martina e a Anitrám, dous personaxes unidos por un mesmo destino. Tamén tivemos a sorte de coñecer a un grupo de nenos e nenas doutro colexio, que cantan e bailan as cancións que se escoitan na casa de Beltrán. Coa canción elexida os nenos e nenos de 5 anos pasáronno xenial. Gracias Cris polas deliciosas e consistentes galletas que nos trouxeches. Non quedo nin unha!
1 de feb. de 2014
BUSCANDO AO BUFÓN
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)