13 de nov. de 2013

NENOS E NENAS DE 3, 4, e 5 ANOS.

Ola familias,estos son os contos que utilizamos para facer o traballo de "catálogo de besos". Dentro duns días remataremos unha exposición que estamos preparando sobre " ós sentimentos dos bicos" para a que tamén nos foron moi útiles estos contos. Foi un traballo preparado en conxunto polas tres aulas de educación infantil no que participaron todos os alumnos e alumnas. Agradecemos ás familias que colaboraron aportando o seu bote cheo de bicos.

10 de nov. de 2013

AULA 5 ANOS. CATÁLOGO DE BESOS. SAMAÍN. MAGOSTO.VISITA MAMÁ DE JORGE.

Ola familias,esta semana coñecimos a historia de Amanda... "Catálogo de besos". Estou segura de que os nenos e nenas de 5 anos vos contarán a historia de Amanda moito mellor ca min. A partires dos contos que traballamos esta semana llegaronnos varias ideas. A primeira foi a de facer un catálogo de besos, que xa temos rematado e exposto na clase para poñer en práctica cada vez que teñamos unha visita. E a seguinte idea foi a de facer unha exposición de " mellores bicos " para a que xa pedimos a vosa colaboración. Esta experiencia está tendo uns resultados moi positivos para a clase . Aproveito para agradecer a primeira mamá que estivo compartindo con nós a hora de ler. Araceli, Nai de Jorge. "Hora de ler" con mamás e papás,os Xoves de 9:10 a 9:30 horas. Agradecervos tamén os doces tan ricos que trouxeron os nenos e as nenas na celebración do samaín. Houbo moitos postres, polo que deixamos algunhas bolsas para celebrar festa do magosto.

8 de nov. de 2013

ACTIVIDADES DA SEMANA

Estas son algunhas das actividades que fixemos durante esta semana: tivemos unha actividade para aprender a empregar correctamente os recolectores de lixo, celebramos o magosto e a nai de Alexandre colaborou con nós cunha actividade na que disfrutamos moito. ¡¡Moitas grazas de novo Paula e un bico e abrazo forte dos nenos, nenas e titora da aula de 4 anos!!

APRENDEMOS COUSAS SOBRE AS BRUXAS

Uns días antes do Samaín visitounos a bruxa Patuja e comezamos a aprender cousas de bruxas para facer un plan para acabar coa bruxa. Saúdos Noelia

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E ANIVERSARIO DE ENOC

OLA MAMÁS E PAPÁS: VOS ENSINAMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS QUE FIXEMOS SOBRE A TEMÁTICA DE VIGO E A CELEBRACIÓN DO ANIVERSARIO DE ENOC SAÚDOS

7 de nov. de 2013

O CASTELO DOS NENOS DE 4 ANOS

OLA FAMILIAS: COMEZAMOS ESTE BLOG PARA PODER COMPARTIR CON VOS A NOSAS EXPERIENCIAS NA AULA DE 4 ANOS, QUEREMOS QUE VEXADES COMO CONVERTIMOS A NOSA CLASE NUN CASTELO. ¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!