17 de mar. de 2013

Casiña de inverno 3 anos

Durante este frío inverno os nosos pequenos e pequenas estiveron creando e traballando diferentes características desta estación e, como broche final, construiron unha fermosa casiña nevada. Mirade que xeitosiña lles quedou...!!!

16 de mar. de 2013

Salón do Libro 3 anos

Ola papis e mamis, 
esta semana os nosos pequenos puideron disfrutar no Salón do Libro de Pontevedra. Alí, observaron, manipularon, descubriron e gozaron con todas as actividades que nos tiñan preparadas. Mirade que ben o pasaron...

12 de mar. de 2013

Saída ao Corte Inglés 3 e 4 anos

A pasada semana os nenos de 3 e 4 anos desfrutamos dunha divertida mañá nun supermercado. Alí observamos diferentes tipos de froitas, peixes, mariscos, carnes e embutidos,... compramos algunhas cousiñas e saboreamos un doce chocolate con churros. Menudo día máis completo!!

14 de feb. de 2013

Entroido, entroido,...

Disfraces, filloas, festa, bailes, orellas de Entroido, música, diversión..., é dicir, ENTROIDO!!!! Grazas a todos os pais, nais e avós que compartiron con nós este día.

25 de xan. de 2013

Aniversario Antía, Diego V. e Alan

MOITAS FELICIDADES PARA ANTÍA, DIEGO V. E ALAN!!!! Os nosos pequechos xa se están facendo maiores. Xa teñen 4 anos!!! Mirade que ben o pasaron na celebración do seu cumpleanos cos compañeiros de clase...

14 de xan. de 2013

Celebramos o Nadal na clase de 3 anos!!

Ainda que vai cun pouco de retraso, queremos compartir con vós as nosas actividades e a Festa de Nadal que celebramos na clase de 3 anos.