No mes de outubro, coincidindo co día das Bibliotecas Escolares os nosos pequenos e pequenas adentraranse nun mundo fascinante cheo de maxia e fantasía. A través do noso Proxecto Didáctico Integrado (PDI), descubriremos xuntos un universo onde o imposible se fai realidade. E para facelo dunha maneira única e sensorial, preparamos unha experiencia moi especial na nosa Aula Sensorial.
A maxia non só se vive nos libros ou no cine; tamén podemos sentila, escoitala, tocala e, por suposto, imaxinala.
O obxectivo desta experiencia é axudar aos nenos e nenas a desenvolver a súa imaxinación e creatividade, mentres exploran e gozan de cada sentido.
Queremos que comprendan que a maxia non só está nos libros, senón tamén no mundo que os rodea, e que poden ser parte dela.