30 de abr. de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias!

Como cada semana contamos cunha nova participación das familias no proxecto de aula. O luns Amaia e a súa familia aprendéronnos sobre un dos reptiles que habitan nas nosas augas: as TARTARUGAS! 

Grazas a uns vídeos educativos, aprendimos as características mais salientables sobre as tartarugas terrestres e acuáticas, e tamén o nacemento das mesmas.  



             (preme na imaxe para acceder ao vídeo)         (preme na imaxe para acceder ao vídeo)

 A continuación, Amaia e a súa familia aprendéronnos, aproveitando un potente imán e material de refugallo, que o principal motor das tartarugas para poder orientarse e navegar nas súas viaxes polo fondo do mar, é o campo magnético terrestre. Logo xogamos a desprazarnos como se fósemos tartarugas cruzando un mar azul: PASÁMOLO XENIAL!

 

                                                 (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Moitas grazas Amaia e familia polas aprendizaxes sobre as tartarugas e vivencialas a través do xogo!


Vémonos na seguinte participación familias💓! 


25 de abr. de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

Ola familias!

Seguimos investigando sobre os fondos mariños. Nesta ocasión Ama estivo gozando das vacacións de semana santa con Paula e a súa familia, e nos aprenderon moitos coñecementos sobre os golfiños. 

(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Paula explicounos que os golfiños son mamíferos porque nacen da barriga da mamá e se alimentan con leite materna, son carnívoros porque comemos peixes e que encántalles xogar e facer acrobacias. A continuación e grazas a uns vídeos educativos, aprendimos moito mais sobre as características destes grandes mamíferos. Tamén aprendimos palabras moi estrañas como ESPIRÁCULO: ENCANTOUNOS!

(pincha na foto para acceder ao video)

Moitas grazas Paula e familia por aprendernos tanto sobre o mundo dos golfiños!

Vémonos na seguinte participación familias💓! 







 

23 de abr. de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Ola familias!

Pipo non para de vivir aventuras marabillosas cos nenos e nenas da aula dos caracois. 

Esta vez viaxou ata o fogar do caracol Carolina para investigar sobre un animal mariño moi fermoso... a estrela de mar!



A nai, o pai e o irmán de Carolina viñeron a nosa aula para contarnos todo o que investigaron sobre as estrelas de mar. Contáronnos curiosidades como por exemplo que as estrelas poden durar ata 35 anos, que poden ter moitos brazos. Tamén dixéronnos que hai moítismas especies diferentes, e que non se chaman peixes, chámanse equinodermos.

Carolina, Pipo e a súa familia non só investigaron sobre as estrelas de mar, se non que tamén crearon un tres en raia feito con barro. O tres en raia non só quedou fermoso, se non que o pasamos xenial. 

Moitas grazas familia por traer a aula tanto coñecemento, diversión e sobre todo tanto cariño.


                                              (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

                                       

Ata a próxima andaina caracois!

Unha aperta 💓






16 de abr. de 2025

PACO NOGUEIRAS

 No mes de abril tivemos a visita de Paco Nogueiras, por parte da editorial Kalandraka que chegou cargado de música, contos e moita alegría!

Presentounos novos libros acompañados do seu inseparable acordeón, facendo cantar e bailar a grandes e pequenos.

Durante o encontro, fixo tamén un percorrido polos libros recomendados para o Nadal, como:

- “O elefante que perdeu o seu ollo”, unha historia chea de misterio, amizade e superación.

- “Unha parella diferente”, un conto que nos invita a ver máis aló das aparencias e a valorar a diversidade.


Foi unha mañá chea de música,  onde os nenos e nenas riron, cantaron e marcharon para casa con novas lecturas e moita ilusión.

Grazas, Paco, por facer da lectura unha festa!

PROXECTO: PEGADAS DA SABANA

Ester e Kati, nai de Irene e Estrella achegáronse ao cole para contarnos cousas fascinantes sobre as tribos africanas, especialmente sobre os Masáis, un pobo que vive entre Kenia e Tanzania.

Aprendimos como visten os masáis, os colares e brazaletes cheos de cores que levan, feitos a man e con moito significado.

Despois, coa nosa creatividade fixemos os nosos propios colares e brazaletes masáis. Cada neno e nena creou unha peza única e moi orixinal, coma os verdadeiros artesáns masáis.

Grazas por compartir cultura, tempo e ilusión con nós!

PROXECTO: PEGADAS DA SABANA

 Na aula dos Elefantes recibimos á familia de Lucía para facer uns simpáticos elefantes con materiais de refugallo. 

Grazas pola vosa colaboración!!



14 de abr. de 2025

PROXECTO: PEGADAS DA SABANA

A familia de Estrella elaborou un libro interactivo e en papel cos animais da Sabana. Un libro que convida a explorar xa que poden manipular as peles dos animais con diferentes texturas e xogar a formar o seu nome con letras móbiles. 





Pola súa parte, a nai de Matías, Alba, preparou un libro manipulativo coas principais características dos mamíferos e que agora forma parte do noso recanto de aula.


Grazas familias pola vosa colaboración!




PROXECTO: PEGADAS DA SABANA

Seguimos avanzando na investigación do noso proxecto grazas en parte ás achegas das familias con diferentes materiais e recursos.

Xuntos, construímos un ambiente de descubrimento e aprendizaxe, onde cada aportación suma.

Moitas grazas por formar parte deste proxecto!

                                 

                                          Aula das Xirafas                               Aula dos Elefantes





PROXECTO: PEGADAS DA SABANA

Co noso proxecto "As pegadas da sabana", seguimos descubrindo cousas marabillosas. Fixemos unha gran viaxe polo mapa do mundo ata atopar o lugar onde se atopan as pegadas que estamos seguindo: África!

Localizamos o continente no mapa e descubrimos que é un lugar enorme. Descubrimos que en África hai tres grandes ecosistemas que o dividen e o caracterizan:

- O deserto, como o Sáhara, con moita area, calor e poucos animais.

- A sabana, con herba alta, árbores espalladas e moitos mamíferos, como os que estamos investigando.

- A selva, con moita vexetación, choiva e animais escondidos entre as follas.

Falamos das diferenzas entre eles, que animais viven en cada un e como se adaptan aos seus hábitats. 

Centrándonos na Sabana, imos coñecendo os animais que a habitan, como son, como se desprazan, que comen e como é a súa pelaxe. Aprendemos que moitos deles teñen o corpo adaptado para sobrevivir ás altas temperaturas e á vida en liberdade. A xirafa, o elefante,  cebra… cada un deles gardan segredos marabillosos que estamos a  investigar!


Para plasmar todo o que imos aprendendo, estamos a recrear estes animais en papel, utilizando materiais diversos e texturas diferentes para representar a súa pel: papel rugoso para a pel engurrada do elefante, papel con raias para a cebra, anacos de papel para as manchas da xirafa… 

              

                              Aula das Xirafas                                            Aula dos Elefantes 



PROXECTO: PEGADAS DA SABANA

Durante o segundo trimestre comezamos coa investigación do proxecto preguntándonos que sabemos? e que queremos saber da Sabana?

Como sabedes todo comezou cunha visita de dúas exploradoras cheas de recordos da súa viaxe, nas súas postais ver animais fascinantes e paisaxes sorprendentes, pero houbo algo que nos chamou moito a atención: unha montaña que aparecía ao fondo das imaxes.

Que será esa montaña? Onde está? Por que ten neve na cumbre? Como se formou? É máis grande ou máis pequeno que o monte Kenia no que Wangari plantou tantas árbores?...

E así, sen decatarnos, comezamos a investigar sobre a montaña do Kilimanjaro, descubrindo que se trata dun volcán durmido!

Aprendemos que os volcáns poden estar activos ou durmidos, e que nalgún momento poden “espertaaar!” e comezar a botar lava e fume. 

Para entender mellor como funciona un volcán, fixemos un experimento moi emocionante: fixemos unha erupción cun pouco de vinagre, bicarbonato e moita ilusión!


Logo recreamos con barro os nosos propios volcáns con  Manu e Nuria,  familia de Mía na aula das Xirafas e con Laura e Javi, familia de Icía na aula dos Elefantes.

            

                            Aula das Xirafas                                         Aula dos Elefantes 





11 de abr. de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

Ola familias!

Xa estamos de volta cunha nova andaína de Ama a as familias. Grazas a familia de Daniela, aprendemos o mundo dos cabaliños de mar ou Hippocampus. 

Sabedes que exiten arredor de 295 especies de cabaliños de mar? Que son excelentes bailarines e expertos na camuflaxe para evitar aos depredadores? 

(preme na imaxe para acceder ao contido)                               
                                                                                                      
A coninuación, Daniela e a súa familia fixeron unhas láminas con afeccións seguindo a temática mariña: crebacabezas, relaciona, conecta, labirintos... PASÁMOLO XENIAL!. Unha vez rematamos de xogar, agasalláronnos as láminas para poder xogar con elas na aula: GRAZAS!

(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Moitas grazas Daniela e familia por aprendernos tantas cousas sobre os Cabaliños de Mar!
Vémonos na seguinte participación familias💓! 



4 de abr. de 2025

PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

Ola familias! 

Xa estamos por aquí cunha nova participación das familias no proxecto de aula! Cantas aprendizaxes estamos a explorar!.

Nesta ocasión, a formiga Ama estivo con Noa e a súa familia facendo una ampla tarefa de limpeza da praia de Samil: incríble todo que atoparon! 

(preme na imaxe para acceder a galería de fotos)

Noa e a súa familia, estiveron recollendo lixo da praia e chegaron a aula, coincidindo co Dia Internacional de Cero Desfeitos (30 de Marzo), cunha gran bolsa chea de lixo para mostrarnos todo o que se pode atopar na area. Nun bote de cristal trouxeron metidas colillas de tabaco en auga, para mostrarnos como as colillas deixan a auga contaminada. 

A continuación, e a través duns vídeo educativos, fomos cada vez mais conscientes da importancia da reciclaxe e a de non tirar lixo na natureza, así como tamén a diferenza entre a auga salgada do mar e a doce do río, onde tamén atopamos lixo neles: ENCANTOUNOS!



Moitas grazas Noa e familia por facernos conscientes da importancia de non tirar lixo na natureza e coidar o noso planeta!


                                                                    
Vémonos na seguinte participación familias💓!