30 de maio de 2024

MELLORES AMIGOS DE KEITH HARING

 Os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando ao longo do curso diferentes obras de arte e as emocións que transmiten. Dentro do PDI do centro, as Bolboretas e Xoaniñas quixemos aportar o que aprendimos sobre Keith Haring. 

Eliximos este artista porque as súas obras están cheas de cor, son sinxelas e transmiten amor, amizade e alegría. 

Concretamente centrámonos na obra "Best Friends" (Mellores Amigos) co que creamos un vídeo e un cadro en conxunto para a exposición final á que estará invitada toda a comunidade educativa. 







19 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 Con motivo da celebración do día das Letras Galegas foron moitas as actividades que estivemos a realizar. 

Por unha parte coñecimos a homenaxeada deste ano, "Luisa Villalta" a partir das actividades interactivas que ofrece o Seminario Galán. 

Foi unha muller que defendeu o idioma galego coas súas obras de poesía, teatro, ensao... ademais dos artigos en diferentes revistas.

Aprendimos unha biografía musical que lle adicaron a Luisa Villalta e recreamos os seus retratos ao estilo Pop Art, do artista Andy Warhol. 




E tamén fixemos os nosos propios debuxos sen esquecernos do seu violín, ao que ela chamaba Violino. 





Tamén tivemos a sorte de asistir a unha animación sobre a homenaxeada, cun contacontos cheo de música e ledicia.