28 de dec. de 2022
BAILE DE NADAL DAS XOANIÑAS E BOLBORETAS
Como sabedes, as Xoaniñas e as Bolboretas estiveron preparando, xunto coas profes Laura e Ana, un villancico con moito ritmo e ilusión. Ese vídeo foi un dos agasallos sorpresa que ía nas postais que enviamos ás casas en forma de código QR.
Deixamos o enlace ao vídeo picando nestas fermosas postais de Nadal para poder velo cando queirades e para desexarvos un BO NADAL.
23 de dec. de 2022
O NADAL DAS XOANIÑAS E DAS BOLBORETAS
DOCUMENTACIÓN 1º TRIMESTRE 5 ANOS A (AULA DOS PINGÜÍNS)
Aquí tedes un pequeno resumo do noso primeiro
trimestre, onde podedes coñecer un pouquiño máis a realidade da nosa aula.
1.XOGO POR RECANTOS:
O xogo, é
unha ferramenta de aprendizaxe innata coa que nenos e nenas comezan a coñecer o
mundo, a interaccionar con el e coas persoas que nel conviven. Ademais mediante
o xogo, créanse vínculos cos demais, aprenden a compartir, chegar a acordos,
resolver conflitos...
Este
curso continuamos con algúns recantos do curso pasado: recanto do xogo
simbólico e vida práctica, recanto dos números e puzzles, recanto das
construccións e minimundos, recanto da arte, recanto dos xogos de mesa, recanto
do proxecto e recanto da biblioteca e relaxación. Ademais, engadimos o recanto
dos títeres, onde representan pequenas “obras teatrais”; o recanto de
experimentación, onde experimentan con diferentes materiais; e o recanto das
letras, onde contan con materiais e diferentes xogos para iniciarse no proceso de lectura e escritura.
Outra
novidade con respecto ao ano pasado, é que as propostas de aprendizaxe, non as
fan no momento de entrada, senón que forman parte dos recantos e van cambiando
segundo os centros de interese que esteamos traballando.
Aquí tedes algunhas fotiños dos diferentes recantos da aula:
Pinchando na seguinte fotos podedes acceder ao álbum do tempo en recantos (primeira foto) e a algunhas das propostas de aprendizaxe realizadas (segunda foto):
2.PROGRAMA COMUNICARNOS:
Como o ano pasado, seguimos traballando co programa "Comunicarnos", mediante o cal traballamos aspectos relacionados coa conciencia fonémica, conciencia silábica, conciencia léxica, memoria auditiva... Todos estes aspectos son fundamentais para o desenvolvemento da linguaxe oral e o futuro aprendizaxe da lectura e escritura.
3.PROXECTO:
Como sabedes o noso PDI deste curso 22-23 xira ao redor da horta, e neste primeiro trimestre comezamos a traballar sobre a agricultura na prehistoria. Como sabedes, contamos cun recanto do proxecto, e grazas a vosa colaboración, este vai collendo forma.
4.LÓXICA-MATEMÁTICA
Coa profe Laura realizan actividades de matemáticas manipulativas en pequeno grupo,
sempre mediante o xogo, que é a ferramenta máis importante para a aprendizaxe
dos nosos pequen@s.
Pinchade na imaxe para acceder ao álbum
5.PSICOMOTRICIDADE
Nas clases de psicomotricidade, os nenos e nenas realizan actividades nas que potencian habilidades de dominio corporal, lateralidade, equilibrio, estructuración do espacio, coordinación...Mirade que ben o pasan!
6.MÚSICA
Aquí tedes unha pequena sorpresiña que os vosos nenos e nenas
estiveron preparando coa profe Laura.
7.ACTIVIDADES NA HORTA
No seguinte albúm atoparedes un pequeno anaco das actividades que
fixeron na horta: plantar fabas,regar, buscar bichiños e conocer a súa
importancia...
Na semana do nadal, fixemos varios obradoiros de cociña, merendola navideña, celebramos o fin de ano, tivemos a visita de Papá Noel...Aquí un pequeno resumo da nosa semana:
DOCUMENTACIÓN 1º TRIMESTRE DA AULA DOS CARACOIS
Ola familias!!
Nesta entrada mostrareivos unhas pequenas pinceladas do
que fixeron os caracois no primeiro trimestre.
Ademais, ao longo deste trimestre centrámonos en
traballar aspectos como as rutinas e ritmos da aula, o compañeirismo, a
socialización, a cohesión grupal, o cumprimento de normas...ca finalidade de
que todos e todas convivamos nun ambiente de respecto.
PROPOSTAS DE XOGO EN APRENDIZAXE
Para proporcionar unha entrada relaxada, cando os nenos e
as nenas entran na aula atópanse cunha proposta enriba da mesa, e cada unha ten
unha finalidade.
Estas propostas están relacionadas ca lóxica matemática,
a percepción visual, a coordinación óculo-manual, a motricidade fina…, co
obxectivo de favorecer tódalas áreas do desenvolvemento. A continuación,
móstrovos varios exemplos.
ASEMBLEA
A asemblea e o momento ideal para que os nenos e as nenas
adquiran conciencia de grupo, e así pouco a pouco comezan a sentir que todos e
todas formamos parte da aula dos caracois.
Na asemblea os nenos/as permanecen sentados mentres
levamos a cabo as nosas rutinas da mañá como cantar a nosa canción, ver quen
falta a clase ese día, dicir que día é e que tempo fai. Unha vez finalizadas
esas rutinas comezamos a traballar noutros aspectos. Sempre comezamos falando,
é un momento óptimo para que os nenos/as conten as súas vivencias, cómo se
senten ou calquera outra cousa que precisen contar nese momento. Con isto
traballamos a espera, as quendas de palabra, a expresión e comprensión...
Ademais disto, na asemblea tamén comezamos a traballar a
lóxica matemática a través de diferentes xogos, escribimos números no chan,
agrupamos elementos segundo a cantidade, etc. Tamén comezamos a escribir letras
no chan, pero antes diso traballámolas a través do noso corpo para así
integrala mellor.
RECANTOS
No momento dos recantos os pequenos caracois escollen a
qué recanto queren ir en cada momento. Iso si, non poden ir máis de 5 nenos/as
a un mesmo recanto, traballando así a circulación libre.
Son recantos de xogo, onde cada neno/a desfruta dos materiais que se lles proporciona segundo os seus intereses e motivacións
TRABALLO DE MESA
Mentres que os nenos e as nenas están xogando nos
recantos, a mestra traballa de maneira individual con cada uno/a. Os traballos
deste primeiro trimestre están destinados sobre todo a motricidade fina e ao recoñecemento
do esquema corporal.
Neste momento da xornada se lle proporciona aos cativos unha ensinanza máis individualizada, onde a mestra observa e céntrase no desenvolvemento de cada neno e nena.
PATIO
No momento do patio os cativos/as desenvolven unha serie de habilidades sociais, necesarias para unha correcta interacción cos demais. Tamén desenvolven a imaxinación e a creatividade, a través dos diferentes xogos que eles mesmos/as crean.
PSICOMOTRICIDADE
Como xa sabedes, ao longo da semana, os nenos/as poden
desfrutar das sesións de psicomotricidade, onde acoden con moitísima ilusión.
Nestas sesións os cativos/as coñecen o seu propio corpo e as habilidades que
posúen, desenvolven emocións e sensacións, traballan a coordinación, equilibrio,
posturas.., trepan, saltan, reptan, gatean...
CONMEMORACIÓNS
A longo do curso escolar traballamos sobre diferentes conmemoracións, onde se fomentan valores, dereitos, bos hábitos, tratando así, acontecementos que merecen ser celebrados. Neste primeiro trimestre tratamos o día Universal da Infancia, e o día Internacional contra a Violencia de Xénero.
18 de dec. de 2022
DOCUMENTACIÓN 1º TRIMESTRE AULAS 4 ANOS (XOANIÑAS E BOLBORETAS)
Aquí atoparedes a documentación das aulas de 4 anos do primeiro trimestre, que é unha pequena mostra das actividades que levamos a cabo nas aulas das XOANIÑAS e das BOLBORETAS (lembrade clicar nas imaxes para ver todas as fotos):
PROPOSTAS
DE XOGO E APRENDIZAXE
As propostas de xogo e
aprendizaxe son unha boa ferramenta para conectar aos cativos/as coas súas habilidades
e potenciar os diferentes ámbitos de aprendizaxe. Todos os días hai propostas
cun patrón de acción ou guía e, despois, a liberdade de poder ir creando as
súas aprendizaxes por si mesmos/as.
GRAFISMOS
CREATIVOS
A grafomotricidade é unha
destreza que debemos traballar a partir de actividades motivadoras e diferentes
para o bo desenvolvemento das habilidades motoras finas. É pois un paso previo
e de acompañamento á escritura e ao agarre correcto do útil de escritura. É
unha forma máis creativa, espontánea e artística de traballar un aspecto tan
importante para o desenvolvemento dos nenos.
EXPRESIÓN
ARTÍSTICA
As expresións artísticas
funcionan como vehículos que estimulan a acción de innovar e crear, espertan o
vínculo social e emocional e xeneran a comprensión das ideas propias e axenas.
Esta conexión cos sentidos é
moi importante nos primeiros anos de vida e a expresión artística é unha boa
estratexia para a educación en todas as áreas.
Neste trimestre, coas
propostas artísticas, crearon con trazos, con obxectos da natureza e coñeceron a
Giuseppe Arcimboldo e a súa forma tan divertida de facer arte, poñendo a nosa mirada
no seu mundo e recreando a súa obra do outono cos nosos propios retratos.
LECTURA
E ESCRITURA
Continuamos traballando a
lectura e a escritura de xeito CONSTRUCTIVO a partir do nome propio e do
recoñecemento do nome dos compañeiros/as, palabras de outono, de Samaín, de Nadal...
lembrando letras e aprendendo outras novas de xeito manipulativo a través de
diferentes propostas, baseándonos nos nosos intereses, estilos e ritmos de aprendizaxe.
MATEMÁTICAS
MANIPULATIVAS
As matemáticas manipulativas
son unha forma de acercar aos máis pequenos/as a esta emocionante materia
transformando a ensinanza tradicional, abstracta e ríxida, por un novo modelo
que estimula a imaxinación, a cretividade e o xogo.
Conmemoramos datas tan
importantes como o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a través de
contos que tratan de fomentar o respecto, a igualdade, a amizade... valores que
tamén foron traballados ao logo do trimestre e cos que tratamos de resolver os
conflitos que xurden no día a día da aula.
4 ANOS A
4 ANOS B
AS
FAMILIAS CONTAN
Compartir momentos coas
familias do alumnado é algo que motiva moito aos nenos e nenas e que nos últimos anos perdemos por mor da
pandemia. Por iso este curso invitamos de novo ás familias a gozar dunha
lectura compartida que chea de ledicia e ilusión aos nenos/as..
A
XOGAR…
A mellor forma de aprender e
coñecer o mundo e a través do xogo. O xogo ademais potencia a creación de
vínculos cos demais, aprenden a compartir, chegar a acordos, resolver
conflitos... Na aula, neste primeiro trimestre, contamos con diferentes
recantos de xogo: recanto do fogar (xogo simbólico), recanto dos xogos e
construcións, recanto dos minimundos, recanto dos xogos de mesa… sen esquecer,
por suposto, a aula de psicomotricidade e os diferentes patios..