20 de mar. de 2015
FAMILIA DE NOELIA
Ola familias, o pasado xoves a clase tivo a visita da familia de Noelia. María, Pablo e Noelia continuando co traballo iniciado por Ánxeles, deleitaron á clase cunha fermosa poesía do "Abezoo" en linguaxe de signos (La Granja de los sonidos) . Fixeron unha representación de varios animais nun teatro de sombras para que os nenos e nenas xogaran a adiviñalos. Tamén ensinaron as iniciais dos nomes dos compañeiros en linguaxe de Signos, e agasallaron aos nenos e nenas cunha tarxeta co abcedario en L.S. para practicar nas casas.
Moitas gracias Familia!!
Laura
12 de mar. de 2015
NENOS E NENAS DE 3 ANOS. ENTROIDO
Ola familias. Gracias a colaboración de María a mamá de Noelia puidemos recuperar estas bonitas fotos do día de entroido. Para as familias que non puideron asistir aquí tedes a evidencia de que o pasaron xenial!!! Gracias María.
Laura
11 de mar. de 2015
ANIVERSARIO DE QUIQUE.
Parabéns Quique. Gracias por compartir ese biscoito tan delicioso coa clase.
Xa eres un ano máis guapo !!!
Laura
INÉS. PROTAGONISTA DA SEMANA
A semana pasada a clase tivo a visita de Emma, a mamá de Inés, que deleitou á clase co marabilloso conto de " Nadarín ". Con este conto ensinoulle aos nenos e nenas os logros que se poden acadar se se traballa en grupo,e en colaboración cos compañeiros. Todos os peixiños xuntos puideron!!!
Laura
JONÁS. HORA DE LER
Fai unhas semanas, na hora de ler, os nenos e nenas de 3 anos tiveron a visita de Sara a mamá contancontos de Jonás, e Ayla " artista de teatro " e irmá de Jonás
Que sorte contar coa vosa experiencia na clase!!
Os tres se convertiron en moscas co conto " A casa da mosca chosca"
Laura
QUIQUE PROTAGONISTA DA SEMANA.
Ola familias, coa aportación das fotos que fai a profe Ánxeles aos nenos e nenas de 3 anos, nos próximos días iremos actualizando o blogue. Sei que quedan visitas do mes de xaneiro que ainda están sen poñer, pero irei pouco a pouco localizando as fotos atrasadas.
Aquí tedes a visita dos pais de Quique que fixeron de contacontos!! Moitas gracias por colaborar coa clase.
Laura
NENOS E NENAS DE 5 ANOS
Fai uns días tivemos a visita da mamá de Rosalía que fixo unha marabillosa exposición do proxecto do espacio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)