21 de xan. de 2014
Volta a rutina
Despois dunhas longas vacacións de Nadal, comezamos a semana celebrando o aniversario de Sean, que xa ten 4 anos.
Aínda que o seu cumple foi o 18 de decembro, non puidemos celebralo porque estivo malito. ¡Moitas felicidades Sean!
Durante estas últimas semanas despois das vacacións aprendimos varias poesías, a poesía dos "Bicos" e o romance de Antonio Machado "La plaza tiene una torre"
20 de xan. de 2014
FAMILIA DE HUGO RODRÍGUEZ
Ola familias, fai uns días a mamá de Hugo trouxo ao cole unha toupiña que non sabía quen lle fixera " unha cagadiña" na súa cabeza. Entre todos os nenos e nenas de 5 anos logramos averiguar o autor daquel extraño suceso.
Laura.
FAMILIA DE HUGO BRAÑA
Ola familias, á volta de nadal tivemos a visita do papá de Hugo. Presentounos ao gato Guille, e os nenos e nenas de 5 anos estiveron moi atentos aos sons que había pola súa casa.
8 de xan. de 2014
Conto "We´re going on a bear hunt", contado polo pai de Sean
Moitas grazas pola túa colaboración!!
Saúdos e vémonos mañá!
4 de xan. de 2014
5 ANOS.FAMILIA DE IAGO E LAURA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)