A familia de Estrella elaborou un libro interactivo e en papel cos animais da Sabana. Un libro que convida a explorar xa que poden manipular as peles dos animais con diferentes texturas e xogar a formar o seu nome con letras móbiles.
14 de abr. de 2025
PROXECTO: PEGADAS DA SABANA
Seguimos avanzando na investigación do noso proxecto grazas en parte ás achegas das familias con diferentes materiais e recursos.
Xuntos, construímos un ambiente de descubrimento e aprendizaxe, onde cada aportación suma.
Moitas grazas por formar parte deste proxecto!
Aula das Xirafas Aula dos Elefantes
PROXECTO: PEGADAS DA SABANA
Co noso proxecto "As pegadas da sabana", seguimos descubrindo cousas marabillosas. Fixemos unha gran viaxe polo mapa do mundo ata atopar o lugar onde se atopan as pegadas que estamos seguindo: África!
Localizamos o continente no mapa e descubrimos que é un lugar enorme. Descubrimos que en África hai tres grandes ecosistemas que o dividen e o caracterizan:
- O deserto, como o Sáhara, con moita area, calor e poucos animais.
- A sabana, con herba alta, árbores espalladas e moitos mamíferos, como os que estamos investigando.
- A selva, con moita vexetación, choiva e animais escondidos entre as follas.
Falamos das diferenzas entre eles, que animais viven en cada un e como se adaptan aos seus hábitats.
Centrándonos na Sabana, imos coñecendo os animais que a habitan, como son, como se desprazan, que comen e como é a súa pelaxe. Aprendemos que moitos deles teñen o corpo adaptado para sobrevivir ás altas temperaturas e á vida en liberdade. A xirafa, o elefante, cebra… cada un deles gardan segredos marabillosos que estamos a investigar!
Para plasmar todo o que imos aprendendo, estamos a recrear estes animais en papel, utilizando materiais diversos e texturas diferentes para representar a súa pel: papel rugoso para a pel engurrada do elefante, papel con raias para a cebra, anacos de papel para as manchas da xirafa…
Aula das Xirafas Aula dos ElefantesPROXECTO: PEGADAS DA SABANA
Durante o segundo trimestre comezamos coa investigación do proxecto preguntándonos que sabemos? e que queremos saber da Sabana?
Como sabedes todo comezou cunha visita de dúas exploradoras cheas de recordos da súa viaxe, nas súas postais ver animais fascinantes e paisaxes sorprendentes, pero houbo algo que nos chamou moito a atención: unha montaña que aparecía ao fondo das imaxes.
Que será esa montaña? Onde está? Por que ten neve na cumbre? Como se formou? É máis grande ou máis pequeno que o monte Kenia no que Wangari plantou tantas árbores?...
E así, sen decatarnos, comezamos a investigar sobre a montaña do Kilimanjaro, descubrindo que se trata dun volcán durmido!
Aprendemos que os volcáns poden estar activos ou durmidos, e que nalgún momento poden “espertaaar!” e comezar a botar lava e fume.
Para entender mellor como funciona un volcán, fixemos un experimento moi emocionante: fixemos unha erupción cun pouco de vinagre, bicarbonato e moita ilusión!
Logo recreamos con barro os nosos propios volcáns.
Aula das Xirafas Aula dos Elefantes
8 de abr. de 2025
PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.
Ola familias!
Pipo esta vez viaxou a casa do caracol Leo, onde investigaron, coa axuda da súa familia, un montón de cousas sobre as medusas. Pareceunos moi interesante!
28 de mar. de 2025
PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.
Ola familias!
Seguimos coa participación das familias no proxecto de aula. Éste semana, contamos coa participación de Raúl e a súa familia que fixeron unha ampla investigación sobre as Rías que conforman a costa galega, afondando na nosa: A Ría de Vigo. Coñecemos os cabos e golfos que forman a paisaxe das nosa costa, así como os animais mariños mais característicos.
25 de mar. de 2025
PROXECTO "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.
Ola familias!
Pipo tivo a gran sorte de viaxar a un novo fogar. Ao fogar do caracol Iago ❤️
Puidemos desfrutar da compañía da familia de Iago, a cal viu cargada de sorpresas.
Iago, a súa irmá, o seu pai e a súa nai contáronnos un montón de curiosidades sobre os polbos. Aprendimos moitas cousas sobre este animal mariño.
Cando remataron a exposición da súa investigación chegou a nosa aula un buzo!! Así como ledes, entrou na aula Diego, un home que se sumerxe nas profundidades mariñas para observar a través dos seus ollos todo o que habita nese lugar.
Para acercarnos un pouquiño a súa realidade grabou un vídeo do fondo mariño. Encantounos!
Puidemos ver manta raias, anémonas, calamares, estrelas de mar… ata vimos un coche abandoado! Foi alucinante. Grazas Diego!
Se queredes visualizar o vídeo so tedes que facer clic enriba da seguinte fotografía.
Finalmente, para por a guinda a esta actividade fixemos unha manualidade dun polbo. Encantounos!
Isto é todo por hoxe...
Unha aperta!
21 de mar. de 2025
PROXECTO: "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.
Ola familias!
Seguimos coa participación das familias no proxecto da aula. Nesta ocasión, a formiga Ama estivo con André e a súa familia investigando sobre as zonas do fondo mariño e os animais que nelas habitan.
Moitas grazas André e familia por aprendernos sobre as zonas do fondo mariño e os animais que nelas habitan!
20 de mar. de 2025
PROXECTO "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.
Prezadas familias,
aquí estamos unha semana máis para presentar a andaina dun novo caracol en compañía de Pipo. Ela é Sara!
Sara e a súa familia investigaron sobre as baleas. Canto aprendimos grazas a eles!
Sara contounos datos moi curiosos sobre as baleas, como por exemplo que non teñen dentes, se non barbas. Comentounos canto poden medir as baleas, e decatámonos que son xigantes!
Sara ensinounos imaxes do que comen as baleas, uns peixiños moi pequenos, diminutos, chamados krill.
Por outra banda, grazas a Sara soubemos que dentro do Museo do Mar de Vigo hai un espazo destinado as baleas. Sara puido ver un esqueleto de balea!! E tivo a gran sorte de poder tocar as barbas dunha balea.
Finalmente, Sara, a súa nai e o seu pai ensináronnos a facer un gorro con forma de balea. Quedaron todos fermosos!
![]() |
17 de mar. de 2025
PROXECTO " DA AULA A HORTA" TARTARUGAS E GRILOS
Neste segundo trimestre as aulas das Tartarugas e dos Grilos seguimos sementando as nosas haniloidades e contidos a través de vivenciar o ciclo das plantas e das flores.
Para elo unha vez máis nos puxemos na pel de valiosos investigadores recopilando información e facendo o noso caderno científico.
Como non todo é traballar tamén quixemos disfrutar do festival do entroido disfrazados sobre a temática do noso proxecto e disfrutamos un montón.
Votade unha ollada:
12 de mar. de 2025
PROXECTO "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.
Ola familias!
Xa estamos de novo por aquí. Nesta ocasión, Pipo tivo a sorte de viaxar ao fogar do caracol Sergio.
Coa axuda da familia de Sergio aprenderon a importancia do coidado do medioambiente, sobre todo, do coidado do mar. Toda esa información levárona a aula, e grazas a eles os/as caracois son máis conscientes da importancia de coidar o fondo mariño.
Sergio, o seu papá e a súa mamá foron a praia e recolleron lixo que atoparon mentres paseaban pola beira do mar. Trouxeron ese lixo a aula, e explicáronos, a través dun libro, o que lles ocorre aos animais mariños cando tiramos lixo o mar.
Seguidamente, os caraois tiñan unha nova misión! Limpar un acuario que estaba cheo de lixo. A misión basábase en recoller o lixo cunhas pinzas e reciclalo na papeleira correspondente. Unha vez que remataron Sergio explicoulles o proceso de reciclaxe.
Finalmente, como os caracois o fixeron tan ben Sergio deulles un carnet de aventureiro/a medioambiental.
A continuación podedes visualizar as fotos da exposición e un vídeo no que Sergio relata o proceso de reciclaxe.
Moitas grazas Sergio e familia por traer a aula tanto coñecemento.
Vémonos na seguinte andaina.
Unha aperta!
8 de mar. de 2025
PROXECTO "Ti si que sabes a mar" Participación das familias
Prezadas familias!
Na semana do entroido tivemos a sorte de gozar da exposición da familia do caracol Vera.
Nesta ocasión, Vera e a súa mamá ensináronnos os animais mariños que están nas rocas. Mostránnos os animais que atoparon na praia de Bouzas, así como as esculturas que están expostas no paseo.
![]() |
(preme na imaxe para acceder a galería de fotos) |
7 de mar. de 2025
ENTROIDO DAS TARTARUGAS E OS GRILOS
Este ano, seguindo coa temática do noso proxecto anual da horta, no entroido os pequenos disfrazáronse de xardiñeiros e xardiñeiras.
Acompañados dos espantallos das mestras disfrutaron do día desfilando e bailando para as familias.