27 dic. 2013

NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS. CHRISTMAS

Ola familias, os nenos e nenas de 4 e 5 anos representaron un villancico en Inglés.

3 ANOS. PANXOLIÑA DE NADAL

Ola familias. Esta é a panxoliña "a capela" que representaron os pequenos de 3 anos.

5 ANOS. PANXOLIÑA DE NADAL

saúdos

5 ANOS. PANXOLIÑA DE NADAL.

Ola familias, ata este momento este vídeo é o único que temos do festival de nadal. Espero poder ensinarvos toda a panxoliña á volta de nadal.

24 dic. 2013

PANXOLIÑA DE NADAL

Os nenos e nenas de 4 anos, preparamos con moito agarimo esta panxoliña para dexesarvos a todos un BO NADAL!!!!

23 dic. 2013

MAMÁ DE IAGO E LAURA.

Ola familias,fai uns días tivemos a visita da mamá de Iago e Laura na hora de ler. Foron estupendos os contos elexidos. Moitas grazas por vir. Laura.

5 ANOS.FESTA DE NADAL.

Ola familia, esta foi a festa de nadal que celebramos no cole. Nos próximos días estará no blogue o vídeo da panxoliña que representamos na festa. Laura

5 ANOS. VISITA DE LUNA

Ola familias, fai uns días tivemos unha visita moi especial e moi esperada. Visitounos a nova mascota de Alba. Chámase Luna e é unha cadeliña fermosísima. Laura.

5 ANOS.PREPARANDO O NADAL COAS FAMILIAS de ARÓN, LEYRE E ADRIÁN. ANIVERSARIO DE ALEJANDRA.

Ola familias, unha vez máis as mamás colaboraron na aula de 5 anos. Esta vez foi axudándonos a facer os adornos de nadal. Moitas grazas pola vosa axuda. Laura Laura

5 anos.SAIMOS DE EXCURSIÓN

Ola familias, por fín chegou o día da excursión. Ademáis de enviar as postáis de nadal, aproveitamos para visitar o nacemento feito pola familia da profe Noelia que, verdadedamente, mereceu a pena camiñar un pouquiño máis para disfrutalo. Tamén puidemos comprobar en directo os efectos do outono no noso barrio. Laura.

5ANOS. OBRADOIRO

Ola familias, un ano máis concedéronnos o obradoiro Camiña con nós pola igualdade. Coma sempre foi un ratiño moi aprovechado. Laura

19 dic. 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Hoxe, a nai da profe, troúxonos unha preciosa cadeliña, que soamente ten 2 meses. Chámase Rumba e todos disfrutamos xogando un ratiño con ela... Tiña un pelo moi suave e era moi boa, aínda que nós a mareamos! Noelia

CHEGOU O NADAL AO CASTELO DE 4 ANOS

A semana pasada, estivemos decorando a clase con adornos típicos de nadal e as nais de Diego Beiro, Antía e Diego Vázquez viñeron a axudarnos a facer campás para decorar a árbore da entrada. As fixemos con vasiños de plástico de diferentes cores e as decoramos con plastilina. ¡Quedaron preciosas!! Moitísimas grazas a Marta, María e Bárbara pola vosa axuda!!!!!

As nais de Mario e Diego Vázquez e os pais Laura e Enoc visítannos para contarnos un conto

¡¡¡Moitísimas grazas pola vosa colaboración!! Encantáronnos todos os contos e poder compartir con vos estos pequenos momentos

Conto de relaxaxión

Déixovos o conto de relaxación que facemos case todos os días ao volver do patio. Espero que vos guste.
Noelia

16 dic. 2013

FELICITACIÓN NAVIDEÑA. 

13 dic. 2013

MANDAMOS POR CORREO AS POSTAIS DE NADAL PARA AS FAMILIAS E VISITAMOS UN BELÉN

Ola familias: Durante a semana pasada estivemos preparando as postais para felicitarvos as festas. Os nenos e nenas as fixeron con moito agarimo e ilusión. O mércores saímos o barrio"antigo" de Navia para mandar por correo a nosa postal e aproveitamos para visitar o belén que fixo Miguel (o irmán da profe). ¡Esperamos que vos gusten as fotos!

7 dic. 2013

Boneco de neve, visita da nai de Pablo e villancico

Ola familias: esta semana foi un pouco rara, máis curta e moitos nenos maliños, polo que aproveitamos para facer un boneco de neve para decorar o corredor do centro. Mandámoslle un bico a todos os pequechos que están maliños e esperamos que se recuperen e volvan pronto. Ademáis visitounos a nai de Pablo para lernos un conto de piratas que nos gustou moito. Moitas grazas!!!! Tamén estamos aprendendo unha panxoliña "Los colores vamos al portal", vos deixo o enlace para que a practiquen tamén na casa e aprendan a letra. http://www.youtube.com/watch?v=57378QyPXEk

6 dic. 2013

EL ANTONCENARIO.

Ola familias, todos sabemos que o esforzo e a constancia son a base dun bó aprendizaxe. A familia de Mencía facilitounos un enlace no que se ve claramente que cada persoa, coas súas características e peculiaridades, pode alcanzar as metas que se propoña. "58 El Antoncedario". Na clase verémolo na próxima semana. Aos nenos encantaralles velo.

ACTIVIDADES DE AULA

Ola familias, estas son algúns dos traballos que fixeron os nenos e nenas de 3 anos nos últimos días.

FAMILIA DE ADRIÁN

Ola familias, nestes últimos día tivemos a visita do papá e a mamá de Adrián. Que rico estaba o "leite rosa" que nos trouxeron.

MAMÁ DE DIEGO

Ola familias, fai uns día Marisol visitou a nosa aula de 3 anos.

MAMÁ DE RAQUEL

Ola familias, no mes de novembro tivemos a colaboración da mamá de Diego no hora de ler.

MAMÁ DE ÁLVARO

Ola familias, por fin chegou o día. A mamá de Álvaro foi a primeira visitante da hora de ler no aula de 3 anos.

ANIVERSARIO DE AARÓN, ADRIANA,ELBA E VÍCTOR.

Ola familias, este mes de Novembro tivemos o aniversario de 4 nenos e nenas que xa cumpriron 3 anos.

ANIVERSARIO DE NICOLÁS E RAQUEL

Ola familias no mes de Outubro se uniron ao clube dos 3 anos Nicolás e Raquel.

ANIVERSARIO DE SOFÍA

Ola, familias no mes de setembro tivemos o primeiro aniversario deste curso.

FAMILIA DE IAGO E LAURA

Ola familias, esta semana tivemos a visita de Vanesa e Antonio que nos achegaron as tradicións mais antigas de galicia coa elaboración dunha queimada.

MAMÁ DE ISAAC

Ola familias. Esta semana Margarita estivo na nosa clase para ler un conto estupendo. "A cebra Camila". Isaac axudoulle moitísimo, e os nenos e nenas da clase colaboraron con moita enerxía.A mamá de Isaac ensinunos que os bicos con abrazos nos gustan máis.

4 dic. 2013

ANIVERSARIO DE NAIA, ROSALÍA NIEVES, EIDER E ÓSCAR ABALDE

O venres da semana pasada celebramos a aniversario de Óscar A., Naia, Eider e Rosalía Nieves. Todos quixemos probar das tres tartas e a verdade é que estaban boísimas... Moitas grazas!!!

ACTIVIDADES DA SEMANA

Ola familias comparto con vos algunhas das actividades da semana. Fixemos actividades de lóxico-matemática, aprendimos unha poesía, o pai de Sean contounos un conto en inglés, preparamos a nosa felicitación de Nadal... saúdos