21 de dec. de 2014

CUMPLES NADAL. 3 ANOS

Ola familias, este mes de Nadal celebramos o cumpreanos de tres compañeiros. Luken, Alma e Sara xa pertencen ao clube dos 3 anos. Por fin todos temos 3 anos!!Parabéns aos tres. Moitas gracias ás familias pola deliciosa merenda que trouxeron. As galletas de Mikey foron un éxito!! Laura.

HORA DE LER. PAPÁ DE CANDELA

Ola familias, continuamos con papás e mamás na hora de ler dos luns. Nesta ocasión Alex, o papá de Candela, aproveitando a época na que estamos contou un conto de Nadal. " Antón e o apalpador". Laura.

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. FAMILIA DE ANTÍA

Ola mamás e papás, fai dúas semanas Antía foi a protagonista. Tivemos a visita da súa mamá Marta e a súa irmá Sabela. Bailamos e nos movemos ao ritmo das Maimiñas coa canción do Tirol. Os nenos e nenas pasáronno xenial!!. E para rematar Sabela leu o conto de Cocorico, o conto preferido de Antía.
Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Ola familias, a semana pasada os nenos e nenas de infantil experimentaron co seu corpo os 5 sentidos. Aquí tedes as fotos e os vídeos dos talleres. Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS.

Ola mamás e papás, o día dos festival de nadal tamén tivemos unha visita especial na clase. Os compañeiros de 6º de primaria nos deleitaron cun villancico en Inglés. Foi estupendo!!
Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS

FESTIVAL DE NADAL. Laura.

NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Problema solucionado!!! Aquí tedes as fotos da saída ao buzón de correos Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Ola familias, non conseguín arranxar o problema que teño no kizoa para poder poñer as diapositivas con fotos no bolgue. Así que de momento, aquí tedes os vídeos do festival de Nadal. Laura.

16 de dec. de 2014

NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Ola familias, teño un pequeno problema co programa de utilizo para subir as fotos ao blogue. Agardo solucionalo estas vacacións de Nadal para que poidades ver as actividades que fixemos estos últimos días . Ata entón deixareivos o enlace das diapositivas.
 De todos modos o que sí  podedes ver son vídeos. Aquí tedes a primeira excursión deste ano. Foi unha experiencia inesquecible para os nenos e  nenas, e para as profes!!

Laura



12 de dec. de 2014

NENOS E NENAS DE 3 ANOS



Así de ben bailan a panxoliña de nadal os nenos e nenas de 3 anos.
Laura

7 de dec. de 2014

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. ACTIVIDADES DE AULA

Ola mamás e papás aquí tedes as actividades que fixemos nestes últimos días. Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Ola mamás e papás, o pasado 24 de Novembro día da violencia de xénero fixemos unha actividade conxunta cos nenos e nenas de 1º de Primaria. Aquí podedes ver a súa elaboración. Para esta actividades ademáis do traballo en conxunto nós, na clase, traballamos o libro " Rosa Caramelo". Laura.

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. PROTAGONISTAS ÉRIKA E NAIRA

Ola familias, a pasada semana tivemos a visita de Irina e Rubén os papás de Érika e Naira. Escoitamos a música que fixeron con instrumentos musicais, e outros elementos cos que todos puidemos facer música. Rubén deleitounos cunha canción en directo coa frauta! Pasámolo xenial! Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. HORA DE LER

Ola mamás e papás, a pasada semana na hora de ler tivemos a visita da familia de Ibai. Léronnos dous contos dunha escritora da nosa terra, Amalia Pérez Otero, que teñen a sorte de tela moi achegada a súa familia. Ibai presentounos a Eiden o seu irmanciño, co que dentro duns meses poderá compartir os seus xogos. Gracias Cristian e Lorena pola vosa colaboración. Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. HORA DE LER

Ola mamás e papás, como todas as semanas este luns tivemos a visita dunha familia na hora de ler. Esta vez Cristina e Ismael contaronnos as aventuras do atrevido elefante Babar. E para rematar Athenea presentounos a súa irmanciña coa que en poucos días poderá disfrutar. Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. FAMILIA DE ALMA

Ola , esta semana tivemos a visita da mamá da protagonista Alma. Trasladounos a un mundo de contos máxicos no que os nenos e nenas difrutaron coa máxia do circo, as experiencias do parque de atracciones e vida nunha granxa e do fondo do mar.