9 de nov. de 2023

SAMAÍN

 Prezadas familias,

Durante as últimas semanas estivemos aprendendo cousas novas sobre a festa do Samaín. Fixemos diferentes propostas de actividades nas que traballamos a numeración, seriacións, lectoescritura, motricidade fina, arte...

Trouxemos as cabazas que preparamos coas nosas familias e fixemos unha exposición de cabazas. 

Tamén aproveitamos para traballar a emoción do MEDO a partir do cadro O grito de Edward Munch a partir do cal fixemos a nosa propia representación no caderno de arte á que acompañamos co poema "Noite de Samaín". 

                 

Pero o máis divertido con diferencia foi a festa de Samaín no cole, á que fomos disfrazados daquilo que máis nos gustaba e puidemos compartir cos nosos compañeiros as nosas merendas monstruosas. 


SAMAÍN NA AULA DAS XOANIÑAS


SAMAÍN AULA DAS BOLBORETAS