24 de dec. de 2013

23 de dec. de 2013

MAMÁ DE IAGO E LAURA.

Ola familias,fai uns días tivemos a visita da mamá de Iago e Laura na hora de ler. Foron estupendos os contos elexidos. Moitas grazas por vir. Laura.

5 ANOS.FESTA DE NADAL.

Ola familia, esta foi a festa de nadal que celebramos no cole. Nos próximos días estará no blogue o vídeo da panxoliña que representamos na festa. Laura

5 ANOS. VISITA DE LUNA

Ola familias, fai uns días tivemos unha visita moi especial e moi esperada. Visitounos a nova mascota de Alba. Chámase Luna e é unha cadeliña fermosísima. Laura.

5 ANOS.PREPARANDO O NADAL COAS FAMILIAS de ARÓN, LEYRE E ADRIÁN. ANIVERSARIO DE ALEJANDRA.

Ola familias, unha vez máis as mamás colaboraron na aula de 5 anos. Esta vez foi axudándonos a facer os adornos de nadal. Moitas grazas pola vosa axuda. Laura Laura

5 anos.SAIMOS DE EXCURSIÓN

Ola familias, por fín chegou o día da excursión. Ademáis de enviar as postáis de nadal, aproveitamos para visitar o nacemento feito pola familia da profe Noelia que, verdadedamente, mereceu a pena camiñar un pouquiño máis para disfrutalo. Tamén puidemos comprobar en directo os efectos do outono no noso barrio. Laura.

5ANOS. OBRADOIRO

Ola familias, un ano máis concedéronnos o obradoiro Camiña con nós pola igualdade. Coma sempre foi un ratiño moi aprovechado. Laura

19 de dec. de 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Hoxe, a nai da profe, troúxonos unha preciosa cadeliña, que soamente ten 2 meses. Chámase Rumba e todos disfrutamos xogando un ratiño con ela... Tiña un pelo moi suave e era moi boa, aínda que nós a mareamos! Noelia

CHEGOU O NADAL AO CASTELO DE 4 ANOS

A semana pasada, estivemos decorando a clase con adornos típicos de nadal e as nais de Diego Beiro, Antía e Diego Vázquez viñeron a axudarnos a facer campás para decorar a árbore da entrada. As fixemos con vasiños de plástico de diferentes cores e as decoramos con plastilina. ¡Quedaron preciosas!! Moitísimas grazas a Marta, María e Bárbara pola vosa axuda!!!!!

As nais de Mario e Diego Vázquez e os pais Laura e Enoc visítannos para contarnos un conto

¡¡¡Moitísimas grazas pola vosa colaboración!! Encantáronnos todos os contos e poder compartir con vos estos pequenos momentos

Conto de relaxaxión

Déixovos o conto de relaxación que facemos case todos os días ao volver do patio. Espero que vos guste.
Noelia

13 de dec. de 2013

MANDAMOS POR CORREO AS POSTAIS DE NADAL PARA AS FAMILIAS E VISITAMOS UN BELÉN

Ola familias: Durante a semana pasada estivemos preparando as postais para felicitarvos as festas. Os nenos e nenas as fixeron con moito agarimo e ilusión. O mércores saímos o barrio"antigo" de Navia para mandar por correo a nosa postal e aproveitamos para visitar o belén que fixo Miguel (o irmán da profe). ¡Esperamos que vos gusten as fotos!

7 de dec. de 2013

Boneco de neve, visita da nai de Pablo e villancico

Ola familias: esta semana foi un pouco rara, máis curta e moitos nenos maliños, polo que aproveitamos para facer un boneco de neve para decorar o corredor do centro. Mandámoslle un bico a todos os pequechos que están maliños e esperamos que se recuperen e volvan pronto. Ademáis visitounos a nai de Pablo para lernos un conto de piratas que nos gustou moito. Moitas grazas!!!! Tamén estamos aprendendo unha panxoliña "Los colores vamos al portal", vos deixo o enlace para que a practiquen tamén na casa e aprendan a letra. http://www.youtube.com/watch?v=57378QyPXEk

6 de dec. de 2013

EL ANTONCENARIO.

Ola familias, todos sabemos que o esforzo e a constancia son a base dun bó aprendizaxe. A familia de Mencía facilitounos un enlace no que se ve claramente que cada persoa, coas súas características e peculiaridades, pode alcanzar as metas que se propoña. "58 El Antoncedario". Na clase verémolo na próxima semana. Aos nenos encantaralles velo.

ACTIVIDADES DE AULA

Ola familias, estas son algúns dos traballos que fixeron os nenos e nenas de 3 anos nos últimos días.

FAMILIA DE ADRIÁN

Ola familias, nestes últimos día tivemos a visita do papá e a mamá de Adrián. Que rico estaba o "leite rosa" que nos trouxeron.

MAMÁ DE DIEGO

Ola familias, fai uns día Marisol visitou a nosa aula de 3 anos.

MAMÁ DE RAQUEL

Ola familias, no mes de novembro tivemos a colaboración da mamá de Diego no hora de ler.

MAMÁ DE ÁLVARO

Ola familias, por fin chegou o día. A mamá de Álvaro foi a primeira visitante da hora de ler no aula de 3 anos.

ANIVERSARIO DE AARÓN, ADRIANA,ELBA E VÍCTOR.

Ola familias, este mes de Novembro tivemos o aniversario de 4 nenos e nenas que xa cumpriron 3 anos.

ANIVERSARIO DE NICOLÁS E RAQUEL

Ola familias no mes de Outubro se uniron ao clube dos 3 anos Nicolás e Raquel.

ANIVERSARIO DE SOFÍA

Ola, familias no mes de setembro tivemos o primeiro aniversario deste curso.

FAMILIA DE IAGO E LAURA

Ola familias, esta semana tivemos a visita de Vanesa e Antonio que nos achegaron as tradicións mais antigas de galicia coa elaboración dunha queimada.

MAMÁ DE ISAAC

Ola familias. Esta semana Margarita estivo na nosa clase para ler un conto estupendo. "A cebra Camila". Isaac axudoulle moitísimo, e os nenos e nenas da clase colaboraron con moita enerxía.A mamá de Isaac ensinunos que os bicos con abrazos nos gustan máis.

4 de dec. de 2013

ANIVERSARIO DE NAIA, ROSALÍA NIEVES, EIDER E ÓSCAR ABALDE

O venres da semana pasada celebramos a aniversario de Óscar A., Naia, Eider e Rosalía Nieves. Todos quixemos probar das tres tartas e a verdade é que estaban boísimas... Moitas grazas!!!

ACTIVIDADES DA SEMANA

Ola familias comparto con vos algunhas das actividades da semana. Fixemos actividades de lóxico-matemática, aprendimos unha poesía, o pai de Sean contounos un conto en inglés, preparamos a nosa felicitación de Nadal... saúdos

24 de nov. de 2013

ACTIVIDADES DE AULA

Estas son as actividades que fixemos nestes últimos días. Laura.

MAMÁS DE BRAIS , ADRIANA E ALBA

Esta semana tivemos a visita de dúas bruxas coas que fixemos unha apócema máxica que trouxeron dunha receita atopada nun castelo encantado... Para tranquilidade dos papás e mamás que vexan estas fotos, os nenos e nenas de 5 anos beberon polvos máxicos transformados en zume de "tang". Je Je Je... Laura.

MAMÁ DE AYLA.

Grazas Sara por facernos pasar un ratiño moi divertido cos amigos da bruxa Tenneke. Os nervios desapareceron e chegou a diversión! Laura

MAMÁ DE JORGE E MAMÁ DE AYLA.

Moitísimas grazas Araceli e Sara por colaborar coa clase de 5 anos na hora de ler. Agradezo moito estos pequenos momentos nos que as familias participan nas actividades cotiás da nosa aula. E os nenos e nenas disfrutan moitísimo.Soamente hai que ver a súas caras de ledicia. Laura

21 de nov. de 2013

AULA 4 ANOS ¡NOS VIXITARON TRES BRUXAS!

Hoxe Patri,Andrea e Ana a as nais de Naia, Edgar e Leo disfráronse de bruxas e fixemos varias actividades: nos ensinaron os ingredientes máxicos que trouxeron, fixemos unha pócima máxica entre todos pero que non a puidemos beber porque ao mezclar varios ingredientes, comezou a subir todo e saíu por fóra da pota. ¡Estabamos alucinando! Logo fixemos dúas pócimas para beber, unha para ser máis rápidos e otra para correr máis. Casi todos as probamos, estaban boísimas e moitos repetimos. De novo agradecer a vosa colaboración con nós porque pasamos un rato moi divertido.

19 de nov. de 2013

POESÍAS 5 ANOS

Ola familias, este ano continuamos traballando diferentes poesías na clase. Esta tarefa favorece a capacidade de memorización dos nenos e nenas , que na etapa da educación primaria será tan necesaria na súa dinámica de clase. Aquí déixovos algunhas poesía traballadas na clase para que sigades practicando en casa.

17 de nov. de 2013

AULA 4 ANOS. Os sentimentos, catálogo de bicos, conto do papá de Óscar Fidalgo

Tamén traballamos os sentimentos e fixemos o noso propio catálogo de "Besos". Espuxemos os nosos tarros de bicos xunto cos compañeiros de 3 e 5 anos. E ademáis vixitounos Luis, o papá de Óscar Fidalgo que nos contou o conto "El hombre de la luna". Moitas grazas pola túa colaboración Saúdos Noelia

AULA 4 ANOS. ACTIVIDADES DA SEMANA

Ola familias: Estas son alguhas das actividades que fixemos durante a semana Saúdos Noelia

13 de nov. de 2013

NENOS E NENAS DE 3, 4, e 5 ANOS.

Ola familias,estos son os contos que utilizamos para facer o traballo de "catálogo de besos". Dentro duns días remataremos unha exposición que estamos preparando sobre " ós sentimentos dos bicos" para a que tamén nos foron moi útiles estos contos. Foi un traballo preparado en conxunto polas tres aulas de educación infantil no que participaron todos os alumnos e alumnas. Agradecemos ás familias que colaboraron aportando o seu bote cheo de bicos.

10 de nov. de 2013

AULA 5 ANOS. CATÁLOGO DE BESOS. SAMAÍN. MAGOSTO.VISITA MAMÁ DE JORGE.

Ola familias,esta semana coñecimos a historia de Amanda... "Catálogo de besos". Estou segura de que os nenos e nenas de 5 anos vos contarán a historia de Amanda moito mellor ca min. A partires dos contos que traballamos esta semana llegaronnos varias ideas. A primeira foi a de facer un catálogo de besos, que xa temos rematado e exposto na clase para poñer en práctica cada vez que teñamos unha visita. E a seguinte idea foi a de facer unha exposición de " mellores bicos " para a que xa pedimos a vosa colaboración. Esta experiencia está tendo uns resultados moi positivos para a clase . Aproveito para agradecer a primeira mamá que estivo compartindo con nós a hora de ler. Araceli, Nai de Jorge. "Hora de ler" con mamás e papás,os Xoves de 9:10 a 9:30 horas. Agradecervos tamén os doces tan ricos que trouxeron os nenos e as nenas na celebración do samaín. Houbo moitos postres, polo que deixamos algunhas bolsas para celebrar festa do magosto.

8 de nov. de 2013

ACTIVIDADES DA SEMANA

Estas son algunhas das actividades que fixemos durante esta semana: tivemos unha actividade para aprender a empregar correctamente os recolectores de lixo, celebramos o magosto e a nai de Alexandre colaborou con nós cunha actividade na que disfrutamos moito. ¡¡Moitas grazas de novo Paula e un bico e abrazo forte dos nenos, nenas e titora da aula de 4 anos!!

APRENDEMOS COUSAS SOBRE AS BRUXAS

Uns días antes do Samaín visitounos a bruxa Patuja e comezamos a aprender cousas de bruxas para facer un plan para acabar coa bruxa. Saúdos Noelia

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E ANIVERSARIO DE ENOC

OLA MAMÁS E PAPÁS: VOS ENSINAMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS QUE FIXEMOS SOBRE A TEMÁTICA DE VIGO E A CELEBRACIÓN DO ANIVERSARIO DE ENOC SAÚDOS

7 de nov. de 2013

O CASTELO DOS NENOS DE 4 ANOS

OLA FAMILIAS: COMEZAMOS ESTE BLOG PARA PODER COMPARTIR CON VOS A NOSAS EXPERIENCIAS NA AULA DE 4 ANOS, QUEREMOS QUE VEXADES COMO CONVERTIMOS A NOSA CLASE NUN CASTELO. ¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

25 de out. de 2013

DANZA MEDIEVAL.
Os/as alumnos/as de 5 anos bailamos moi ben, mirade:

16 de out. de 2013

AULA DE 5 ANOS. CONVERTEMOS A CLASE NUN CASTELO

Ola mamás e papás. Este foi o traballo que fixemos na clase estos últimos días. Un saúdo para todos. Laura

28 de set. de 2013

AULA DE 5 ANOS.VISITA DO BUFÓN. CREACIÓN DO RECANTO DOS CASTELOS. ANIVERSARIO DE ADRIANA, BRAIS E LUCAS

ola mamás e papás, esta semana tivemos unha super sorpresa no cole.O Bufón dun castelo deixou no cole unha misión para os nenos de infantil. Axudar ao Cabaleiro do Castelo a rescatar a Dama que foi capturada pola malvada bruxa. Esto foi o que fixemos durante esta semana.

22 de set. de 2013

AULA DE 5 ANOS. TRABALLO EN RECANTOS.

Esta semana estivemos organizando a dinámica da clase cos recantos.Estou moi contenta porque os nenos e nenas de 5 anos traballaron estupendamente. Espero que esto sexa o inicio dun bo ano de traballo. Saúdos. Laura.

16 de set. de 2013

AULA DE 5 ANOS. PRIMEIROS DÍAS DE CLASE.

Ola, por fin chegou o primeiro día de clase. Os nenos e nenas entraron na nova aula de 5 anos un pouco asustados, supoño que máis que nada pola medo ao descoñecido. Pero de contado atoparon os novos xoguetes,os recantos e por suposto as novas mascotas. Entón e o medo conveteuse en entusiasmo e ledicia. Comezaron a observar todo e,como non, querían explorar cada recuncho da clase ( por algo somos a clase dos exploradores).Pero claro xa chegou a profe para decirlles o que repito cada mañá: veña, co mandilón posto nos sentamos na alfombra.......!!!!! Os Primeiros días estamos organizando un pouco a clase e buscando,entre todos,o mellor xeito para que oa longo deste curso a dinámica da clase funcione ben. LAURA

20 de xuño de 2013

Aniversario Pablo, Edgar e Xandre

O pasado mes de maio tres dos nosos pequenos entraron a formar parte do exclusivo grupo do nenos de 4 ANOS. Moitísimas felicidades para estes pequechos!!! Mirade que guapos estaban e que ben o pasaron...

Plantamos millo e lentellas na aula de 4 anos

Coa chegada da primavera e o bo tempo, os nenos e nenas da clase de 4 anos decidiron plantar lentellas e millo. Toda unha aventura que deu como resultado unhas fermosas macetas...

Aniversario Laura, Leo e Sabela

Ola papis e mamis,
hoxe celebramos a aniversario de tres pequenos máis. Bueno, agora xa non son tan pequenos pois xa teñen 4 anos...!!!! Moitas felicidade para LAURA, LEO E SABELA!!!!!

31 de maio de 2013

30 de maio de 2013

Celebramos o Día das Letras Galegas cos nenos de 4 anos

O 16 de maio non só celebramos o Día das Letras Galegas no noso cole, se non que os nenos e nenas de 3 anos decidimos invitar aos nenos de 4 anos a celebrar con nós ese día tan especial cunha divertida merenda. Mirade que ben o pasamos...

Coñecemos as sinais de tráfico

Ola a todos!! Estas semanas estamos aprendendo a recoñecer algunhas das sinais de tráfico que están preto do noso cole, así que collimos a nosa gorriña e fumos da unha volta a ver cales había. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas...

Imos ao teatro!!!!

O pasado venres, os máis cativos do cole puideron desfrutar dunha obra de teatro titulada "Kri-Kra-Kro" no Teatro Novacaixagalicia. Foi toda unha experiencia para os máis peques, xa que era a súa primeira experiencia nun gran teatro...

Actividade de coración de pratos en 3 anos

Ola papis e mamis,
hoxe foi un día moi especial, xa que Marga, Bibiana e Merchi (as mamis de Rosalía N., Laura e Óscar A.) compartiron con nós unha actividade realmente interesante. Mirade como os nosos pequenos e pequenas decoraron con legumes as formas e debuxos que estas mamis diseñaron para nós. Moitísimas grazas ás tres!!!

3 de maio de 2013

Saída ao Colexio Hogar

Ola a todos! Déixovos unhas fotiños dalgunhas das cousas que os nosos cativos fixeron e aprenderon na visita á imprenta do Colegio Hogar. Entre outras cousas, axudaron a imprimir esa camiseta tan bonita da conmemoración do Día do Libro 2013.

Aniversario Paula!

Moitas felicidades,Paula!! Que maiores se están facendo os nosos pequenos...  Mirade que ben o pasaron na celebración do seu aniversario!

7 de abr. de 2013

"La arañita violeta" polos nenos de 3 anos

Os pequenos e pequenas da clase de 3 anos fixeron unha exposición da obra "La araña violeta" de Violeta Monreal, a ilustradora e escritora que nos visitou no segundo trimestre. Deixádevos levar polas aventuras desta arañiña e dos seus amigos...

Traballamos a Miró en 3 anos

Aínda que vai cun pouco de retraso, disfrutade do excelente traballo que fixeron os nosos pequenos e pequenas recreando a obra "Eljardín de Miró".

21 de mar. de 2013

SALÓN DO LIBRO PONTEVEDRA

Os nenos e nenas de infantil puideron disfrutar  dunha xornada de lectura e  descubrimento no Salón do libro de Pontevedra, adicado este ano as máquinas e inventos.
<
span style="color: red;">LAURA


OS RECUNCHOS NA AULA DE 4 ANOS

Este trimestres os nenos e nenas de 4 anos continuamos traballando nos nosos recunchos. Esta é unha maneira doada e lúdica de desenvolver certas destrezas propias da súa idades. Mirade que ben traballan.
LAURA

17 de mar. de 2013

Casiña de inverno 3 anos

Durante este frío inverno os nosos pequenos e pequenas estiveron creando e traballando diferentes características desta estación e, como broche final, construiron unha fermosa casiña nevada. Mirade que xeitosiña lles quedou...!!!

16 de mar. de 2013

Salón do Libro 3 anos

Ola papis e mamis, 
esta semana os nosos pequenos puideron disfrutar no Salón do Libro de Pontevedra. Alí, observaron, manipularon, descubriron e gozaron con todas as actividades que nos tiñan preparadas. Mirade que ben o pasaron...

12 de mar. de 2013

Saída ao Corte Inglés 3 e 4 anos

A pasada semana os nenos de 3 e 4 anos desfrutamos dunha divertida mañá nun supermercado. Alí observamos diferentes tipos de froitas, peixes, mariscos, carnes e embutidos,... compramos algunhas cousiñas e saboreamos un doce chocolate con churros. Menudo día máis completo!!

14 de feb. de 2013

Entroido, entroido,...

Disfraces, filloas, festa, bailes, orellas de Entroido, música, diversión..., é dicir, ENTROIDO!!!! Grazas a todos os pais, nais e avós que compartiron con nós este día.

25 de xan. de 2013

Aniversario Antía, Diego V. e Alan

MOITAS FELICIDADES PARA ANTÍA, DIEGO V. E ALAN!!!! Os nosos pequechos xa se están facendo maiores. Xa teñen 4 anos!!! Mirade que ben o pasaron na celebración do seu cumpleanos cos compañeiros de clase...

14 de xan. de 2013