Durante o segundo trimestre comezamos coa investigación do proxecto preguntándonos que sabemos? e que queremos saber da Sabana?
Como sabedes todo comezou cunha visita de dúas exploradoras cheas de recordos da súa viaxe, nas súas postais ver animais fascinantes e paisaxes sorprendentes, pero houbo algo que nos chamou moito a atención: unha montaña que aparecía ao fondo das imaxes.
Que será esa montaña? Onde está? Por que ten neve na cumbre? Como se formou? É máis grande ou máis pequeno que o monte Kenia no que Wangari plantou tantas árbores?...
E así, sen decatarnos, comezamos a investigar sobre a montaña do Kilimanjaro, descubrindo que se trata dun volcán durmido!
Aprendemos que os volcáns poden estar activos ou durmidos, e que nalgún momento poden “espertaaar!” e comezar a botar lava e fume.
Para entender mellor como funciona un volcán, fixemos un experimento moi emocionante: fixemos unha erupción cun pouco de vinagre, bicarbonato e moita ilusión!
Logo recreamos con barro os nosos propios volcáns con Manu e Nuria, familia de Mía na aula das Xirafas e con Laura e Javi, familia de Icía na aula dos Elefantes.
Aula das Xirafas Aula dos Elefantes
Ningún comentario:
Publicar un comentario