30 de nov. de 2021

PROPOSTAS PARA FACER NA CASA (3 ANOS B)


                                               Ola nenas e nenos de 3 anos B!😀

Aínda que teñades que estar uns días na casa, podemos seguir aprendendo e divertirnos un montón!

Se queredes, podedes axudarme a resolver esta adiviña, xa que se o facedes, adiviñaredes o nome que terá a nosa aula a partir de agora.

Dí así:

                                                   "Un becho pequeno, 

                                                    que voa entre as flores, 

                                                    e ten as súas ás,    

                                                    de preciosas cores"

                                                            QUEN É?

E que tal se xogamos un pouco? aquí tedes unhas actividades para que podades gozar en familia estes días:

    RESCATA OS OBXECTOS

Esta actividade consiste en utilizar unha bandexa ou caixa onde poñeremos obxectos como fíos, las, cordas, pompóns, e podades rescatalos coa axuda dunha pinza.

Como sodes uns campións e campioas, podedes facelo máis difícil: por exemplo, sacamos soamente os de cor azul, agora os máis grandes, etc.


  

PLASTILINA CASERA

Para elaborar a nosa propia plastilina precisamos dúas cuncas de fariña. dúas de auga, unha de sal fina e colorante alimenticio. Mesturamos a fariña, o sal e a auga nunha perola antes de poñela a quentar. Poñémola a lume lenta e removemos sen parar. Cando a masa estea espesa, deixámola enfriar un pouco.

Amasamos ben e engadimos dúas culleradas de aceite. Volvemos a amasar ben. Cando vexamos que ten unha textura suave, dividimos a masa en 6 ou 7 bolas. Aplastámolas un pouco e facemos un buraco no medio, onde poremos unhas gotas de colorante alimenticio. Mesturamos ben, amasándoas e xa temos a nosa plastilina


ÁRBORES DE OUTONO


Lembrades en que estación estamos? Efectivamente!, en OUTONO, así que se vos apetece podemos crear árbores de outono dun xeiro orixinal. Precisamos unha botella de plástico, e un folio ou cartolina onde debuxaremos o tronco da árbore para despois estampar as follas co cu da botella (podedes usar as cores propias do outono que coñecemos: marrón, amarelo,laranxa...




Desexo que gocedes moito! Un bico moi grande!😘

OS LEÓNS SEMENTAN AMOR NO DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

HOLA FAMILIAS, O PASADO 25 DE NOVEMBRO CONMEMORAMOS  O DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO A TRAVÉS DUNHA INICIATIVA DE CENTRO .

NESTA FERMOSA ACTIVIDADE DECORAMOS BOTAS E ZAPATOS OS CALES DEIXARON  A NOSA PEGADA PARA PODER PLANTAR EN ELES AS SEMENTES, NON SÓ DE PRANTIÑAS QUE REGAREMOS E COIDAREMOS, SENÓN TAMÉN DE BONITOS DESEXOS DE CARA A ESPERANZA DUNHA SOCIEDADE SEN VIOLENCIA , VALORES QUE DEBEMOS REGAR TODOS OS DÍAS. 

POR ÚLTIMO ANCLAMOS ESAS BOTAS SEMENTADAS CON AMOR AS ÁRBORES DO NOSO RECIENTO, SERES VIVOS QUE SE ARRAIGAN A TERRA TAL E COMO NÓS QUEREMOS ARRAIGAR ESES DESEXOS NO CORAZÓN. 

UNHA APERTA, ATA A PRÓXIMA PUBLICACIÓN. 







CONVERTÍMONOS EN CHEFS!

 

Estamos de volta crocodilos!
Tal e como fixestedes onte, imos facer a nosa asemblea.
O mes de novembro está a piques de rematar, así que hoxe é o último día que poñemos as nosas pinzas rosas. Imos contalas!







Asemblea lista! 👍
Agora imos ca seguinte actividade: unha receita con produtos do outono.
Eu elaborei esta, como vedes, puxen as cantidades e o nome dos ingredientes. Así que, collede un lapis e un folio, e a escribir! Cando rematedes, podedes facer un debuxo da receita. 



Ademáis, dende a biblioteca do centro saiu a iniciativa de crear entre toda a comunidade educativa un recetario de outono. Podedes aproveitar esta actividade para levar a cabo a vosa receita e compartila con todos e todas.

Se vos apetece facela, podedes enviarlle unha foto da vosa receita feita o email magatomasa@ceipcastelaovigo.com

Tamén podedes entrar no blogue da biblioteca e visualizar as súas publicacións. Nelas aparece un exemplo de como podedes facer a vosa receita. So tedes que premer na seguinte ligazón:  http://biblionavia.blogspot.com/2021/11/castanas-asadas.html 

E por último, podedes elaborar o voso gorro de cociñeiro/a para ser un e unha auténtico/a chef! Así que, seguide os seguintes pasos:







Deica mañá crocodilos! Espero que o pasedes xenial facendo estas actividades.

Un bico moi grande!

29 de nov. de 2021

O botiquín das emocións

Dentro da sesión de ALTERNATIVA E VALORES,  os maiores de 5 anos A  estiveron participando na elaboración do seu botiquín curativo das emocións. Mirade que tiritas máis chulas fixeron para curar as dores con palabras bonitas.😍😍😍









OLA CROCODILOS!

 

Bos días a todos e a todas! 

Aínda que estedes na casiña, qué vos parece se facemos a nosa asemblea? Así podedes explicarlle a papá e a mamá cómo contamos os días da semana.

COMEZAMOS!













Que ben! Xa tedes a asemblea feita! Sodes uns campións e campioas!

Agora móstrovos unha actividade que podedes facer ao longo do día. So necesitades un lápiz, cores e un folio. Ah! E abrir moi ben os ollos





Isto é todo por hoxe! Estades a facelo xenial meus crocodilos! 
Bótovos moito de menos, pero xa queda menos para vernos!
Quérovos!
 


21 de nov. de 2021

AS ARTELLADAS DOS LEÓNS NO MES DE NOVEMBRO

 BOAS FAMILIAS, PASÁMONOS DE NOVO POR ESTA FIESTRIÑA PARA ACHEGARVOS ALGUNHAS DAS PEQUENAS TAREFAS QUE FOMOS DESENVOLVENDO NESTAS SEMANAS. 


NO RECANTO DE OFICINA SEGUIMOS INVESTIGANDO E PROFUNDIZANDO SOBRE AS CURIOSIDADES DO MUNDO DAS ABELLAS, GÚSTANOS ESTAR NA MESA ADICADA O PROXECTO INDAGANDO E XOGANDO A VEZ QUE IMOS ELABORANDO OS POUQUIÑOS AS NOSAS FOLLAS DO DIARIO CIENTÍFICO.












COMEZAMOS TAMÉN UN MINI PROXECTO SOBRE A CAÍDA DA FOLLA XA QUE NO PATIO VIVO NON PARAMOS DE RECOLECTALAS E XOGAR CON ELAS. COMEZAMOS A INVESTIGAR CALES SON AS PARTES DA FOLLA E CAL E O SEU CICLO DE VIDA. 








ESTA VEZ DENTRO DAS PROPOSTAS DE XOGO E APRENDIZAXE FOCALIZAMOS MAÍS A ATENCIÓN NA LÓXICA METEMÁTICA, É SATISFACTORIO VER COMO CON TAN SÓ COLOCAR UNHA PROPOSTA NA MESA OS LEÓNS CHEGAN A DESENVOLVER DESCOMPOSICIÓNS, CREAR SUMAS, FACER ASOCIACIÓNS, OU LISTAS NÚMERICAS POR ELES MESMOS.







POR ÚLTIMO AQUÍ TENDES UNHA MOSTRAS DAS ARTISTADAS DESTE MES:

POR UN LADO TRAS O SAMAÍN TRABALLAMOS OBRAS ARTÍSTICAS RELACIONADAS CO MEDO, COMO O CADRO "O GRITO" DE EDUARD MUNCH.

EN TRABALLO COOPERTATIVO, FALAMOS SOBRE O QUE NOS SUSCITABA ESE CADRO. XA QUE O PRINCIPIO VEIAMOS TAN SÓ A SILUETA COA CARA TAPADA.

 QUE PODERÍA ESTAR SENTINDO ESA PERSONAXE?

 PRONTO DESCUBRIMOS QUE ESTABA ASUSTADO...

O SEGUINTE PASO FOI QUE A TRAVÉS DA ESTRUCTURA DE FOLIO XIRATORIO,  CADA NENO/A DO EQUIPO PODERÍA POÑER NO SEU CADRO A CARA QUE EL PENSASE QUE PODRÍA SER A MÁIS ADECUADA SEGÚN OS SEUS SENTIMENTOS. LOGO ESES CADROS ROTARÍAN POLOS DEMAÍS COMPAÑEIROS CON CADA  GOLPE DA CAMPÁ NO SENTIDO DAS AGULLAS DO RELOXO PARA QUE TODOS PUIDESEN EXPRESARSE COAS CORES NOS CADROS DOS DEMAIS.

O RESULTADO FOI BEN CURIOSO, PERO TEREDES QUE ESPERAR A SEGUINTE ENTRADA...




OUTRA DAS ARTISTADAS QUE QUEREMOS COMPARTIR, E A REPRESENTACIÓN GRÁFICA DO OBSERVADO E DO MANIPULADO. 

NA NOSA AULA TEMOS UN FERMOSOS RECANTO DA NATUREZA NO CAL VIVENCIAMOS EXPERIENCIAS CON ELEMENTOS NATURAIS, A TRAVÉS DE ESTA ARTISTADA O QUE PROVOCAMOS NOS NENOS/AS E QUE DESPOIS DA MANIPULACIÓN SE CENTREN NA REPRESENTACIÓN. DAMOS VALOR A  COORDINACÍÓN ÓCULO-MANUAL, A IDENTIFICAR COMO ESTÁN COLOCADOS OS ELEMENTOS, A COMO TRASLADAR ESO O PLANO E IR POUCO A POUCO INTERIORIZANDO CONCEPTOS E FACENDO ABSTRACCIÓN. 




ATA AQUÍ A MOSTRA DE APRENDIZAXES POR HOXE, ESPÉROVOS NA SEGUINTE ENTRADA FAMILIAS