20 de mar. de 2025

PROXECTO "Ti si que sabes a mar". Participación das familias.

 Prezadas familias,

aquí estamos unha semana máis para presentar a andaina dun novo caracol en compañía de Pipo. Ela é Sara!

Sara e a súa familia investigaron sobre as baleas. Canto aprendimos grazas a eles!



Sara contounos datos moi curiosos sobre as baleas, como por exemplo que non teñen dentes, se non barbas. Comentounos canto poden medir as baleas, e decatámonos que son xigantes! 

Sara ensinounos imaxes do que comen as baleas, uns peixiños moi pequenos, diminutos, chamados krill.

Por outra banda, grazas a Sara soubemos que dentro do Museo do Mar de Vigo hai un espazo destinado as baleas. Sara puido ver un esqueleto de balea!! E tivo a gran sorte de poder tocar as barbas dunha balea.

Finalmente, Sara, a súa nai e o seu pai ensináronnos a facer un gorro con forma de balea. Quedaron todos fermosos!


                                                   (preme na imaxe para acceder a galería de fotos)


Moitas grazas a Sara e a súa familia por ensinarnos tantas cousas, e sobre todo por deixar na nosa aula a súa pegada 💓

Vémonos pronto,

unha aperta!








Ningún comentario:

Publicar un comentario