13 de xan. de 2024

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO CON MOITA ILUSIÓN

 O pasado venres o corredor do noso colexio e a aula de música encheuse de cor e ledicia, pois recibimos unha visita moi especial: dúas pallasas moi divertidas apareceron para facernos pasar un ratiño agradable. Traían con elas un montón de cousas, un sombreiro xigante con moitas pistas coas que puidemos descubrir de onde viña todo: dun CIRCO.

                                     


Eran as pallasas Piruletas e Coloretes que andaban algo despistadas e viñeron a propoñernos unha misión: axudar a atopar a todos os personaxes do circo porque están desaparecidos.


Tivemos unha idea xenial, montar un gran circo e disfrazarnos de pallasos, magos, equilibristas, bailaríns, arlequíns... 

Vos deixamos unha recopilación dos momentos máis especiais do venres (ligazón ao vídeo)





Con moito agarimo, Coloretes e Piruletas.

O PROXECTO DAS XOANIÑAS E BOLBORETAS PREMIADO

Prezadas familias: 
Queremos compartir convosco que o proxecto que o curso pasado levamos a cabo coas Bolboretas e Xoaniñas (alumnado de 5º de Educación Infantil) resultou gañador no IX Concurso de Traballo por Proxectos, na categoría proxectos de investigación de grupo ou nivel apoiados pola Biblioteca do Centro: A Maga Tomasa.
Con este proxecto, o alumnado viaxou á Prehistoria para descubrir as pegadas do noso pasado e o descubrimento da agricultura, tan importante para a evolución da especie humana. Os cativos aprenderon mentres xogaban, investigaron, descubriron a importancia do lume, da roda, o troco… as formas de vida nas diferentes etapas, os cultivos máis importantes do noso pasado (a cabaza, o liño…) e, sobre todo, gozaron desta grande viaxe o noso pasado.
Neste enlace accederedes ó traballo premiado. 

2 de xan. de 2024

BO NADAL

 Prezadas familias, 

Queremos deixarvos unha mostra de todas as actividades que realizamos con motivo da festa de Nadal: preparamos unha poesía que recitamos de marabilla, fixemos a nosa propia obra de arte tendo como referencia a obra do artista Andy Warhol, preparamos unha postal que enviamos ás nosas familias na saída que fixemos por Navia e elaboramos o noso propio adorno navideño. 

Con todo isto chegou o momento dun merecido descanso para desfrutar da familia. Desexarvos unhas Felices Festas e un Feliz Ano Novo! Vémonos no 2024.

Os nosos mellores desexos de parte das Xoaniñas e Bolboretas!