Ola familias!
Xa estamos de novo por aquí. Nesta ocasión, Pipo tivo a sorte de viaxar ao fogar do caracol Sergio.
Coa axuda da familia de Sergio aprenderon a importancia do coidado do medioambiente, sobre todo, do coidado do mar. Toda esa información levárona a aula, e grazas a eles os/as caracois son máis conscientes da importancia de coidar o fondo mariño.
Sergio, o seu papá e a súa mamá foron a praia e recolleron lixo que atoparon mentres paseaban pola beira do mar. Trouxeron ese lixo a aula, e explicáronos, a través dun libro, o que lles ocorre aos animais mariños cando tiramos lixo o mar.
Seguidamente, os caraois tiñan unha nova misión! Limpar un acuario que estaba cheo de lixo. A misión basábase en recoller o lixo cunhas pinzas e reciclalo na papeleira correspondente. Unha vez que remataron Sergio explicoulles o proceso de reciclaxe.
Finalmente, como os caracois o fixeron tan ben Sergio deulles un carnet de aventureiro/a medioambiental.
A continuación podedes visualizar as fotos da exposición e un vídeo no que Sergio relata o proceso de reciclaxe.
Moitas grazas Sergio e familia por traer a aula tanto coñecemento.
Vémonos na seguinte andaina.
Unha aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario