21 ene. 2014

Volta a rutina

Despois dunhas longas vacacións de Nadal, comezamos a semana celebrando o aniversario de Sean, que xa ten 4 anos. Aínda que o seu cumple foi o 18 de decembro, non puidemos celebralo porque estivo malito. ¡Moitas felicidades Sean! Durante estas últimas semanas despois das vacacións aprendimos varias poesías, a poesía dos "Bicos" e o romance de Antonio Machado "La plaza tiene una torre"

20 ene. 2014

TRABALLO DE AULA

Ola familias, éste foi o traballo que fixemos nos últimos días. Laura.

FAMILIA DE HUGO RODRÍGUEZ

Ola familias, fai uns días a mamá de Hugo trouxo ao cole unha toupiña que non sabía quen lle fixera " unha cagadiña" na súa cabeza. Entre todos os nenos e nenas de 5 anos logramos averiguar o autor daquel extraño suceso. Laura.

FAMILIA DE HUGO BRAÑA

Ola familias, á volta de nadal tivemos a visita do papá de Hugo. Presentounos ao gato Guille, e os nenos e nenas de 5 anos estiveron moi atentos aos sons que había pola súa casa.

8 ene. 2014

ANIVERSARIO DE AITANA

Ola familias, a máis pequecha da clase xa ten 3 aniños.

Conto "We´re going on a bear hunt", contado polo pai de Sean

Aínda que foi un conto en inglés, os nenos e nenas de 4 anos estiveron moi atentos e gustoulles moito o conto.

Moitas grazas pola túa colaboración!!

Saúdos e vémonos mañá!

3 ene. 2014

5 ANOS.FAMILIA DE IAGO E LAURA.

Ola familias, con este vídeo lembraremos a maxia que trouxeron ao cole os papás de Iago De Andrés e Laura fai unhas semanas.