23 nov. 2014

NENOS E NENAS DE 3 ANOS.ACTIVIDADES DA SEMANA

Ola familias estas son as actividades que fixemos nos últimos días. Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. CUPÓNS

Ola, estos son os úlimos avances nos cupóns da semana. Lembrade que o día que lle dedicamos o tempo aos cupóns é o venres. Os nenos e nenos disfrutan explicando o seu cupón polo que é unha tristeza para eles se os papás e a mamás se esquecen de traer o cupón. Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. MAMÁ DE CANDELA

Ola, o pasado luns tivemos a visita de Sonia, a mamá de Candela que nos contou a historia de Pepo e Estela. Aos nenos e nenas encantoulles este conto polo que agardo que disfruten na vindeira primaveira cos gusanos de seda que teremos na clase. Moitas gracias Sonia. Laura.

FAMILIA DE MIGUEL

Ola, fai uns días tivemos a visita da familia de Miguel na súa semana como protagonista. Sorprendéronnos cun traballo estupendo sobre as ovellas e marabilláronnos cunha la de ovella que tiña a textura exactamente igual a la das ovellas, e un olor que nos trasnportou aos campos de ovellas. Os papás de Miguel voltarán ao cole para lernos un conto perfecto para completar este traballo: "Ovelliña dáme la". Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. MAGOSTO

Ola familias, este foi o primeiro magosto celebrado no cole cos vosos fillos e fillas. Agardo que pasásedes un bo rato acompañando aos nenos e nenas neste día. Moitísimas gracias por participar nas actividades do cole. Laura.

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. TEATRO COS COMPAÑEIROS DE PRIMARIA

Ola familias, este venres tivemos a visita da compañía de teatro dos compañeiros de 6º de primaria. Disfrutaron moitísimo tanto os pequenos como os maiores. Laura.

12 nov. 2014

PLANETA AZUL

Esta mañá tivemos a visita da familia de Diego Vázquez e aprendimos unha manchea de cousas sobre o plantea terra . Diego preparou moito a exposición na casa pero estaba nervioso e tivemos que dar un forte aplauso para tranquilizalo ! María e Nino tamén nos contaron moitas cousas interesantes e todos os nenos e nenas da clase quedaron contentos . Moitas grazas ! Patricia

10 nov. 2014

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. HORA DE LER

Fai uns días coincidindo coas datas de celebración do Samaín Marta a mamá de Antía contounos un conto estupendo coa colaboración dos nenos e nenas da clase. Laura.

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. 2º CUPÓN

Ola familias. Mirade que felices están os nenos e nenas de 3 anos puidendo ensinar diante da clase os progresos na súa autonomía. Ánimo e a polo seguinte cupón! Laura.

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. HORA DE LER

Hoxe tivemos a visita de Eva, a mamá de Sara Ruano que nos acompañou na hora de ler con dous contos: HAnsel e Gretel, e Buscando a Nemo. Moitas Gracias Eva pola túa colaboración. Laura

NENOS E NENAS DE 3 ANOS. SAMAÍN

Coa celebración do samaín as bruxas , fantasmas, esqueletos e cabazas chegaron ao cole.Que guapos estaban os nenos e as nenas, pero que medo daban!! Pasámolo xenial. Moitas gracias a todas as familias por traer doces tan deliciosos! Laura.

NENOS E NENAS DE 3 ANOS

A semana pasada tivemos a visita da mamá de Sara Álvarez que nos fixo un traballo estupendo no que os nenos e nenas de 3 anos apreciaron as diferentes texturas. Moitas gracias pola túa colaboración. Laura

4 nov. 2014

Samaín 2014

Este xoves día 30 tivemos de todo : festa , peli de medo , merenda , contacontos de medo na biblioteca e un agasallo moi especial : un bookmark que preparou a teacher Mónica co alumnado de 5º e que fixo moi feliz aos nenos e nenas e cinco anos.Patricia

Familia espacial !

A familia de Diego e Miguel Beiro é unha familia especial e...espacial ! A mañá do 23 de Outubro nos visitaron e , dun xeito moi ameno , aprendimos unha chea de cousas sobre os primeiros astronautas que chegaron á lúa . Grazas !. Patricia

Contos de igualdade

No mes de outubro , Bea Campos e Davide Gonzalez trouxeron ao noso cole uns contos de igualdade moi interesantes , divertidos e sorprendentes que nos fixeros disfrutar e...pensar. Grazas a Bea e Davide polo seu magnífico traballo! . Patricia

Aniversarios na clase de 5 anos.

Xa levamos case dous meses de curso , pero foi tan tan intenso que ata hoxe non foi doado adicarlle tempo á sementeira...aquí tedes os aniversarios de setembro e outubro. Patricia.