18 de xan. de 2015

REUNIÓN 3 ANOS

Ola mamás e papás lebrade que este martes 20 de Xaneiro ás 16:00 horas temos a reunión do 2º trimestre. Despois da reunión ás 17:00 horas no salón de actos do colexio haberá unha charla sobre "normas e límites" . Creo que é interesante a vosa asistencia.       
  Laura

16 de xan. de 2015

AGASALLOS DOS REIS MAGOS

Á volta de Nadal tivemos unha supersorpresa. Na casa de Inés os reis magos trouxeron agasallos para os trasnos , "MOITOS CONTOS PARA A CLASE". Moitísimas gracias Reis Magos por facer posible a noite máis máxica do ano. Ademáis Inés e a súa mamá Emma nos enviaron unha postal de nadal tradicional para as profes do cole. Canto traballo na casa de Inés!!! Laura

INICIO DO PROXECTO

Á volta das vacacións de Nadal iniciamos o proxecto deste curso "as mans".Comezamos este mes coñecendo o que saben os nenos e nenas de 3 anos sobre este tema e comentamos as cousas que íamos aprender co proxecto. Aquí tedes as primeiras actividades que fixemos. Laura