24 de nov. de 2013

ACTIVIDADES DE AULA

Estas son as actividades que fixemos nestes últimos días. Laura.

MAMÁS DE BRAIS , ADRIANA E ALBA

Esta semana tivemos a visita de dúas bruxas coas que fixemos unha apócema máxica que trouxeron dunha receita atopada nun castelo encantado... Para tranquilidade dos papás e mamás que vexan estas fotos, os nenos e nenas de 5 anos beberon polvos máxicos transformados en zume de "tang". Je Je Je... Laura.

MAMÁ DE AYLA.

Grazas Sara por facernos pasar un ratiño moi divertido cos amigos da bruxa Tenneke. Os nervios desapareceron e chegou a diversión! Laura

MAMÁ DE JORGE E MAMÁ DE AYLA.

Moitísimas grazas Araceli e Sara por colaborar coa clase de 5 anos na hora de ler. Agradezo moito estos pequenos momentos nos que as familias participan nas actividades cotiás da nosa aula. E os nenos e nenas disfrutan moitísimo.Soamente hai que ver a súas caras de ledicia. Laura

21 de nov. de 2013

AULA 4 ANOS ¡NOS VIXITARON TRES BRUXAS!

Hoxe Patri,Andrea e Ana a as nais de Naia, Edgar e Leo disfráronse de bruxas e fixemos varias actividades: nos ensinaron os ingredientes máxicos que trouxeron, fixemos unha pócima máxica entre todos pero que non a puidemos beber porque ao mezclar varios ingredientes, comezou a subir todo e saíu por fóra da pota. ¡Estabamos alucinando! Logo fixemos dúas pócimas para beber, unha para ser máis rápidos e otra para correr máis. Casi todos as probamos, estaban boísimas e moitos repetimos. De novo agradecer a vosa colaboración con nós porque pasamos un rato moi divertido.

19 de nov. de 2013

POESÍAS 5 ANOS

Ola familias, este ano continuamos traballando diferentes poesías na clase. Esta tarefa favorece a capacidade de memorización dos nenos e nenas , que na etapa da educación primaria será tan necesaria na súa dinámica de clase. Aquí déixovos algunhas poesía traballadas na clase para que sigades practicando en casa.

17 de nov. de 2013

AULA 4 ANOS. Os sentimentos, catálogo de bicos, conto do papá de Óscar Fidalgo

Tamén traballamos os sentimentos e fixemos o noso propio catálogo de "Besos". Espuxemos os nosos tarros de bicos xunto cos compañeiros de 3 e 5 anos. E ademáis vixitounos Luis, o papá de Óscar Fidalgo que nos contou o conto "El hombre de la luna". Moitas grazas pola túa colaboración Saúdos Noelia

AULA 4 ANOS. ACTIVIDADES DA SEMANA

Ola familias: Estas son alguhas das actividades que fixemos durante a semana Saúdos Noelia

13 de nov. de 2013

NENOS E NENAS DE 3, 4, e 5 ANOS.

Ola familias,estos son os contos que utilizamos para facer o traballo de "catálogo de besos". Dentro duns días remataremos unha exposición que estamos preparando sobre " ós sentimentos dos bicos" para a que tamén nos foron moi útiles estos contos. Foi un traballo preparado en conxunto polas tres aulas de educación infantil no que participaron todos os alumnos e alumnas. Agradecemos ás familias que colaboraron aportando o seu bote cheo de bicos.

10 de nov. de 2013

AULA 5 ANOS. CATÁLOGO DE BESOS. SAMAÍN. MAGOSTO.VISITA MAMÁ DE JORGE.

Ola familias,esta semana coñecimos a historia de Amanda... "Catálogo de besos". Estou segura de que os nenos e nenas de 5 anos vos contarán a historia de Amanda moito mellor ca min. A partires dos contos que traballamos esta semana llegaronnos varias ideas. A primeira foi a de facer un catálogo de besos, que xa temos rematado e exposto na clase para poñer en práctica cada vez que teñamos unha visita. E a seguinte idea foi a de facer unha exposición de " mellores bicos " para a que xa pedimos a vosa colaboración. Esta experiencia está tendo uns resultados moi positivos para a clase . Aproveito para agradecer a primeira mamá que estivo compartindo con nós a hora de ler. Araceli, Nai de Jorge. "Hora de ler" con mamás e papás,os Xoves de 9:10 a 9:30 horas. Agradecervos tamén os doces tan ricos que trouxeron os nenos e as nenas na celebración do samaín. Houbo moitos postres, polo que deixamos algunhas bolsas para celebrar festa do magosto.

8 de nov. de 2013

ACTIVIDADES DA SEMANA

Estas son algunhas das actividades que fixemos durante esta semana: tivemos unha actividade para aprender a empregar correctamente os recolectores de lixo, celebramos o magosto e a nai de Alexandre colaborou con nós cunha actividade na que disfrutamos moito. ¡¡Moitas grazas de novo Paula e un bico e abrazo forte dos nenos, nenas e titora da aula de 4 anos!!

APRENDEMOS COUSAS SOBRE AS BRUXAS

Uns días antes do Samaín visitounos a bruxa Patuja e comezamos a aprender cousas de bruxas para facer un plan para acabar coa bruxa. Saúdos Noelia

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E ANIVERSARIO DE ENOC

OLA MAMÁS E PAPÁS: VOS ENSINAMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS QUE FIXEMOS SOBRE A TEMÁTICA DE VIGO E A CELEBRACIÓN DO ANIVERSARIO DE ENOC SAÚDOS

7 de nov. de 2013

O CASTELO DOS NENOS DE 4 ANOS

OLA FAMILIAS: COMEZAMOS ESTE BLOG PARA PODER COMPARTIR CON VOS A NOSAS EXPERIENCIAS NA AULA DE 4 ANOS, QUEREMOS QUE VEXADES COMO CONVERTIMOS A NOSA CLASE NUN CASTELO. ¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!