1 de feb. de 2015

ACTIVIDADES DE AULA

Estas son as útimas actividades do mes de Xaneiro. Laura

IBAI. PROTAGONISTA DA SEMANA. VIDEO.

Auí tedes a música coa que nos deleitou a familia de Ibai. Moitas gracias. Laura

CUMPLES ÉRIKA E NAIRA

Parabéns Érika, Naira e Alan. Os tres irmáns no mesmo mes!! Laura

IBAI. PROTAGONISTA DA SEMANA

Este venres a familia de Ibai trouxo ao cole diversos instrumentos musicais para tocar coas mans. Aos nenos e nenas encantoulles tocalos. A guitarra e o acordeón foron os que máis éxito tiveron. Que orgulloso estaba Ibai participando coa súa familia no cole!!! Moitas gracias Cristian e Lorena. Laura.

INÉS. HORA DE LER.

Ola familias, este luns tivemos a visita de Emma a mamá de Inés que contou dous contos na hora de ler. " Un regalo del cielo". Conto sobre a maternidade. E " Cuatro viajeros" conto sobre a adopción. Ademáis deixounos un conto sobre a importancia do xogo nos nenos, que vos recomendo ler. Moitas gracias Emma. Laura.

LAINA

Ola familias, o pasado luns tivemos a visita de Laina, a irmanciña de Athenea, que moi orgullosa nos presentou. Aproveitamos para ver as mans dun recién nacido, pequenas e suaves. Moitas gracias a Familia de Athenea por compartir os primeiros momentos de Laina coa clase. Laura.

AGASALLOS DE ATHENEA

Athenea trouxo uns agasallos ao cole que compartiu moi contenta con todos os compañeiros da clase. Gracias Athenea. Laura

FAMILIA DE UNAI

Ola familias, fai uns días a mamá de Unai visitounos,e continuando co proxecto das mans, trouxo unha bolsa chea de diferentes obxectos. Foi moi divertido saber o que pensan os nenos qué son as cousas cando non as poden ver. Moitas gracias Vanesa. Laura.