Co noso proxecto "As pegadas da sabana", seguimos descubrindo cousas marabillosas. Fixemos unha gran viaxe polo mapa do mundo ata atopar o lugar onde se atopan as pegadas que estamos seguindo: África!
Localizamos o continente no mapa e descubrimos que é un lugar enorme. Descubrimos que en África hai tres grandes ecosistemas que o dividen e o caracterizan:
- O deserto, como o Sáhara, con moita area, calor e poucos animais.
- A sabana, con herba alta, árbores espalladas e moitos mamíferos, como os que estamos investigando.
- A selva, con moita vexetación, choiva e animais escondidos entre as follas.
Falamos das diferenzas entre eles, que animais viven en cada un e como se adaptan aos seus hábitats.
Centrándonos na Sabana, imos coñecendo os animais que a habitan, como son, como se desprazan, que comen e como é a súa pelaxe. Aprendemos que moitos deles teñen o corpo adaptado para sobrevivir ás altas temperaturas e á vida en liberdade. A xirafa, o elefante, cebra… cada un deles gardan segredos marabillosos que estamos a investigar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario