Ola familias!
Seguimos coa participación das familias no proxecto de aula. Éste semana, contamos coa participación de Raúl e a súa familia que fixeron unha ampla investigación sobre as Rías que conforman a costa galega, afondando na nosa: A Ría de Vigo. Coñecemos os cabos e golfos que forman a paisaxe das nosa costa, así como os animais mariños mais característicos.
(pincha na imaxe para acceder a galería de fotos)
A través dun "experimento" aprendimos como a auga forma o relevo costeiro. A continuación, e a través dun "xogo de pistas", as formigas tivemos que averiguar o animal mariño que se agochaba tras as pistas. Cando o averiguábamos, tiñamos que colocar a tarxeta co seu nome ao carón do seu debuxo, formando un GRAN mural que acolle todas as aprendizaxes feitas: ENCANTOUNOS!
Para rematar, Raúl e a súa familia, agasalláronnos o xogo de pistas co mural para a aula: GRAZAS!
Moitas grazas Raúl e familia por aprendernos sobre a oceanografía das rías!
Vémonos na seguinte participación familias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario