Ola familias!
Seguimos coa participación das familias no proxecto da aula. Nesta ocasión, a formiga Ama estivo con André e a súa familia investigando sobre as zonas do fondo mariño e os animais que nelas habitan.
(pincha na imaxe para acceder a galería de fotos)
Coa axuda dun submarino pilotado por Ama, e xunto a participación de tódalas formigas, fomos descubrindo as diferentes zonas do noso fondo mariño segundo entra o sol nelas, así como os peixes que nelas habitan, ata chegar a parte máis profunda do mar, onde atopamos o "peixe abisal" ou "peixe lanterna": ENCANTOUNOS! Nun mural xigante, cada formiga foi colocando os animais mariños correspondentes da zona segundo o submarino baixaba.
Para rematar, a André e a súa familia, agasalláronnos o mural para xogar na aula: GRAZAS!
Moitas grazas André e familia por aprendernos sobre as zonas do fondo mariño e os animais que nelas habitan!
Vémonos na seguinte participación familias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario