Prezadas familias!
Na semana do entroido tivemos a sorte de gozar da exposición da familia do caracol Vera.
Nesta ocasión, Vera e a súa mamá ensináronnos os animais mariños que están nas rocas. Mostránnos os animais que atoparon na praia de Bouzas, así como as esculturas que están expostas no paseo.
Por outra banda, no seu fogar deseñaron o xogo do memory sobre os animais mariños. Os caracois puxeron toda a súa atención en atopar as parexas de animais que son iguais. Pasárono xenial!
Agora temos ese xogo na aula para que os caracois poidan xogar cando estén no recanto do proxecto.
Finalmente, os caracois fixeron unha manualidade dun cangrexo, na que pegaron as patiñas, os ollos e debuxaron a súa boca. Qué fermosos quedaron!
A continuación móstrovos algunhas fotiños que fixemos ese día.
![]() |
(preme na imaxe para acceder a galería de fotos) |
Moitas grazas pola vosa colaboración familias. Vémonos na seguinte andaina! 💓
Ningún comentario:
Publicar un comentario