16 nov. 2012

Creamos a nosa árbore das estacións

Ola a todos!! Esta semana estivemos facendo a nosa árbore das estacións. Mirade que pequenos artistas temos en 3 anos...!!!!

Obradoiro de Froitos do Outono

Canto aprendemos hoxe!!! Os nosos pequenos xa son uns expertos en froitos do outono!!! Hoxe comemos, ulimos, tocamos e xogamos cos froitos do outono. Aprendemos como se chaman, onde nacen, como son as árbores nas que crecen, a que saben. Caquis, granadas, figos, uvas, mazás, avelás, noces, plátanos,... agora só tendes que introducirllos nas súas dietas. Moitísimas grazas as mamás de Laura, Antía e Naia, ao papá de Mateo e ao avó de Alexandre!!!

12 nov. 2012

Camiña con nós

O día 7 de novembro tivemos a visita das profes de " Camiña con nós ".

9 nov. 2012

As cabazas.

 Que ben o pasamos facendo manualidades!

Celebrando o Samaín na clase de 3 anos!!!

Ola papis e mamis,

mirade que cabazas tan preciosas fixeron os nosos pequechos!! Moitas grazas por ser parte activa da educación dos vosos fillos. Lamentamos non poder expor todas as cabazas, xa que algunhas pudríronse dun día para outro.

8 nov. 2012

O Magosto na aula de 3 anos

Un ano máis festexamos o Magosto no cole. Os máis pequechos puideron disfrutar da súa primeira festa no colexio. Mirade que ben o pasaron e como comeron!!

5 nov. 2012

Festa dos froitos de outono

Celebramos a Festa dos froitos do outono coa participación do papá de Erea e Itzíar e a mamá de Ada. Ensinánronos os froitos, cantamos unha canción e degustamos as froitas.

Aniversario Ada, Naia y Candela M.

O día 26 de outubro celebramos o aniversario das tres pícaras Ada, Naia e Candela Magdalena. Aquí temos a proba!! Moitas felicidades!!!