30 de nov. de 2021

PROPOSTAS PARA FACER NA CASA (3 ANOS B)


                                               Ola nenas e nenos de 3 anos B!😀

Aínda que teñades que estar uns días na casa, podemos seguir aprendendo e divertirnos un montón!

Se queredes, podedes axudarme a resolver esta adiviña, xa que se o facedes, adiviñaredes o nome que terá a nosa aula a partir de agora.

Dí así:

                                                   "Un becho pequeno, 

                                                    que voa entre as flores, 

                                                    e ten as súas ás,    

                                                    de preciosas cores"

                                                            QUEN É?

E que tal se xogamos un pouco? aquí tedes unhas actividades para que podades gozar en familia estes días:

    RESCATA OS OBXECTOS

Esta actividade consiste en utilizar unha bandexa ou caixa onde poñeremos obxectos como fíos, las, cordas, pompóns, e podades rescatalos coa axuda dunha pinza.

Como sodes uns campións e campioas, podedes facelo máis difícil: por exemplo, sacamos soamente os de cor azul, agora os máis grandes, etc.


  

PLASTILINA CASERA

Para elaborar a nosa propia plastilina precisamos dúas cuncas de fariña. dúas de auga, unha de sal fina e colorante alimenticio. Mesturamos a fariña, o sal e a auga nunha perola antes de poñela a quentar. Poñémola a lume lenta e removemos sen parar. Cando a masa estea espesa, deixámola enfriar un pouco.

Amasamos ben e engadimos dúas culleradas de aceite. Volvemos a amasar ben. Cando vexamos que ten unha textura suave, dividimos a masa en 6 ou 7 bolas. Aplastámolas un pouco e facemos un buraco no medio, onde poremos unhas gotas de colorante alimenticio. Mesturamos ben, amasándoas e xa temos a nosa plastilina


ÁRBORES DE OUTONO


Lembrades en que estación estamos? Efectivamente!, en OUTONO, así que se vos apetece podemos crear árbores de outono dun xeiro orixinal. Precisamos unha botella de plástico, e un folio ou cartolina onde debuxaremos o tronco da árbore para despois estampar as follas co cu da botella (podedes usar as cores propias do outono que coñecemos: marrón, amarelo,laranxa...




Desexo que gocedes moito! Un bico moi grande!😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario