BOAS FAMILIAS, XA ANDAMOS DE NOVO POR ESTA SEMENTEIRA PARA ACHEGARVOS A SEMANA TAN DIVERTIDA QUE TIVEMOS DENTRO DA AULA.
NESTES DÍAS PREVIOS A CELEBRACIÓN DE SAMAÍN E MAGOSTO DISFRUTAMOS DUNHA VARIEDADE DE PROPOSTAS DE XOGO E APRENDIZAXE RELACIONADAS CON ESTA TEMÁTICA :
TAMÉN DISFRUTAMOS DA EXPOSICIÓN DE CABAZAS, ONDE PRESENTAMOS AS NOSAS TERRORÍFICAS OBRAS DE ARTE.
TAMÉN TIVEMOS TEMPO DE AFONDAR NO DIVERTIDO QUE É O MAGOSTO, SABOREAR CASTAÑAS BEN QUENTIÑAS GRAZAS A COLABORACIÓN DA AMPA, E CREAR A NOSA FERMOSA CASTAÑEIRA.
COMO NON, OS SENTIMENTOS SEMPRE ESTÁN PRESENTES EN TODO AQUELO QUE FACEMOS E ESTES DÍAS FORON MOI PROPICIOS PARA TRABALLAR EMOCIÓNS E APRENDER A CANALIZALAS DA MAN DE LIBROS TAN BONITIÑOS COMA ESTE, A TRAVÉS DO CAL CREAMOS OS NOSOS PROPIOS SACAPENAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario