1 de dec. de 2021

IDENTIFICAMOS AS EMOCIÓNS

 

Bos días meus crocodilos!

Xa vai quedando menos para que poidades saír da vosa casiña, un último empuxón! Estádelo facendo de marabilla 😊

Como cada día, volvo a subir unha fotiño da nosa asemblea para que a fagades na vosa casa.










Perfecto crocodilos! Xa sabedes no día e o mes que estamos hoxe.

Asemblea lista!


Acordádesvos do conto “O monstruo de cores” que vimos na aula? 

Póñovos un enlace dun vídeo para que o recordedes mellor

https://www.youtube.com/watch?v=oe-QKPIqKxo

Unha vez que miredes o vídeo, podedes facer esta actividade.

Na seguinte imaxe aparecen 5 situacións que nos provocan unha emoción. En qué bote pos cada situación? No bote da alegría, da tristeza, da calma, do medo ou da rabia?



Agora, escribe o número da situación e debuxa e colorea o seu carón o bote que sintes cando esa situación che ocorre. Unha vez que o debuxes, escribe o nome da emoción.

Isto é todo por hoxe!

Deica mañá meus crocodilos! 😊












Ningún comentario:

Publicar un comentario