21 de nov. de 2021

MES DE NOVEMBRO NA AULA DOS PINGÜÍNS

 Ola de novo familias,

Déixovos algunhas cousiñas que fixeron @s vos@s pequen@s no mes de novembro na aula.

PROPOSTAS DE XOGO E APRENDIZAXE:

Nas propostas deste mes, traballamos diferentes aspectos de lectoescritura, lóxica-matemática e motricidade fina.


RECANTOS:

O xogo por recantos proporciona un aprendizaxe lúdico e significativo, onde os nenos e nenas observan, manipulan e investigan cos diferentes elementos. Ademais aprendemos a convivir, compartir, e respectarnos os uns aos outros.


O OUTONO:

Continuamos traballando sobre o centro de interés do outono. Mirade que artistas temos na aula!




DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Colaboramos xunto cos nosos compañeir@s de infantil e primaria nun bonito mural para conmemorar o Día Universal da Infancia.



PATIO VIVO:

Encántanos o patio vivo!!



PROTAGONISTAS DA SEMANA E MOCHILA VIAXEIRA:


Xa tivemos aos nosos primeiros protagonistas. Coñecimos moitas cousiñas deles: a roupa de cando eran pequen@s, o seu conto e xoguete favorito, a súa familia...

Tamén comezou a viaxar polas vosas casas a mochila viaxeira.



DINÁMICAS DE COHESIÓN DE GRUPO:

Fixemos a dinámica da "tela de araña". Unha dinámica que fomenta o coñecemento mutuo e as relacións positivas entre os compañeir@s.



PROXECTO:

Xa comenzamos a preparar a nosa mesa do proxecto. Grazas familias, por aportar cousiñas para poder experimentar e investigar con elas.



Vémonos pronto!!😉

Ningún comentario:

Publicar un comentario