20 de nov. de 2021

COUSIÑAS DOS CROCODILOS

 

Boas familias! Pásome por aquí para mostrarvos algunhas cousiñas que fixeron os crocodilos neste mes de novembro.
Na nosa asemblea temos algunhas novidades como o panel da palabra secreta, onde os crocodilos escriben unha palabra, contan as súas sílabas, as letras e as vogais. Tamén traballamos a casiña do número 10, xogamos ao memory, fixemos entre todos unha abella e escribimos as súas partes…



Na hora de ler, ademáis de escoitar contos, os crocodilos tamén crean historias coa axuda dunhas marionetas, qué ben o pasan!

Ademáis, todos os xoves vemos as aportacións dos compañeiros/as na mochila viaxeira. Qué cousiñas tan fermosas fixeron no caderno! Moitas gracias pola vosa colaboración 😊


En moitas ocasión cústanos un pouco identificar e xestionar as nosas emocións. Por iso, esta semana puidemos disfrutar do conto o “monstruo de cores”. Despois da lectura, cada equipo debuxou o que sentía en cada bote das emocións. Ademáis, ca mestra Puri, na sesión de valores, os nenos e as nenas debuxaron o seu monstruo e fixeron un atrapamedos.



Como cada día, cando os crocodilos entran na aula atópanse con diferentes propostas na súa mesa. Nesta ocasión estaban relacionadas co conteo, ca descomposición numérica, ca lectoescritura, ca percepción visual…


Fai uns días os crocodilos atóparonse co recanto da oficina moito máis completo. Agora teñen cousiñas das abellas, bolígrafos, pizarras, libretas, lápices, rotuladores, contos… Con todos estes recursos os nenos e as nenas crean cousas marabillosas!


No recanto da cociña os nenos e as nenas fan comidas boísimas, escriben a lista da compra e receitas, ordean os caixóns, clasifican os materiais, fan a compra… Este rincón ofrece un montón de posibilidades!



Estes crocodilos teñen moitísima creatividade! No recanto da arte traballaron a liña horizontal pintándoa e recortándoa. Ademáis, coa axuda dun espello debuxaron o seu corpo. Tamén fixeron formas utilizando papel de cociña e rotuladores. A verdade que quedaron fermosas!



Pero isto non é todo… Neste recanto os crocodilos atóparonse con moitas novidades. Unha delas é a pizarra transparente, onde os nenos e as nenas plasman nela un obxecto real, neste caso unha cabaza pequena.



Outras das novidades é que os cativos e cativas coñeceron o pintor Paul Klee. Comezamos vendo un conto sobre él, e os crocodilos xa son uns expertos sobre a vida deste autor. Posteriormente, plasmaron unha das sus obras: “Sacar a pasear unha liña”, qué ben debuxan estes nenos/as!

Agora están facendo o cadro titulado "Castelo e sol", e están moi ilusionados/as!


Para finalizar, vouvos mostrar as creacións que fan os nenos e as nenas coas cousiñas do outono, encántanme!


 

Como di Albert Einstein “A creatividade é a intelixencia divertíndose”

Ata aquí por hoxe familias, vémonos pronto! 😊


Ningún comentario:

Publicar un comentario