Tal e como fixestedes onte, imos facer a nosa asemblea.
O mes de novembro está a piques de rematar, así que hoxe é o último día que poñemos as nosas pinzas rosas. Imos contalas!
Agora imos ca seguinte actividade: unha receita con produtos do outono.
Eu elaborei esta, como vedes, puxen as cantidades e o nome dos ingredientes. Así que, collede un lapis e un folio, e a escribir! Cando rematedes, podedes facer un debuxo da receita.
Ademáis,
dende a biblioteca do centro saiu a iniciativa de crear entre toda a comunidade
educativa un recetario de outono. Podedes aproveitar esta actividade para levar
a cabo a vosa receita e compartila con todos e todas.
Se vos apetece facela, podedes enviarlle unha foto da vosa receita feita o email magatomasa@ceipcastelaovigo.com
Tamén podedes entrar no blogue da biblioteca e visualizar as súas publicacións. Nelas aparece un exemplo de como podedes facer a vosa receita. So tedes que premer na seguinte ligazón: http://biblionavia.blogspot.com/2021/11/castanas-asadas.html
E por
último, podedes elaborar o voso gorro de cociñeiro/a para ser un e unha auténtico/a chef! Así que, seguide os seguintes pasos:
Deica
mañá crocodilos! Espero que o pasedes xenial facendo estas actividades.
Un
bico moi grande!
Ningún comentario:
Publicar un comentario