BOAS FAMILIAS, PASÁMONOS DE NOVO POR ESTA FIESTRIÑA PARA ACHEGARVOS ALGUNHAS DAS PEQUENAS TAREFAS QUE FOMOS DESENVOLVENDO NESTAS SEMANAS.
NO RECANTO DE OFICINA SEGUIMOS INVESTIGANDO E PROFUNDIZANDO SOBRE AS CURIOSIDADES DO MUNDO DAS ABELLAS, GÚSTANOS ESTAR NA MESA ADICADA O PROXECTO INDAGANDO E XOGANDO A VEZ QUE IMOS ELABORANDO OS POUQUIÑOS AS NOSAS FOLLAS DO DIARIO CIENTÍFICO.
COMEZAMOS TAMÉN UN MINI PROXECTO SOBRE A CAÍDA DA FOLLA XA QUE NO PATIO VIVO NON PARAMOS DE RECOLECTALAS E XOGAR CON ELAS. COMEZAMOS A INVESTIGAR CALES SON AS PARTES DA FOLLA E CAL E O SEU CICLO DE VIDA.
ESTA VEZ DENTRO DAS PROPOSTAS DE XOGO E APRENDIZAXE FOCALIZAMOS MAÍS A ATENCIÓN NA LÓXICA METEMÁTICA, É SATISFACTORIO VER COMO CON TAN SÓ COLOCAR UNHA PROPOSTA NA MESA OS LEÓNS CHEGAN A DESENVOLVER DESCOMPOSICIÓNS, CREAR SUMAS, FACER ASOCIACIÓNS, OU LISTAS NÚMERICAS POR ELES MESMOS.
POR ÚLTIMO AQUÍ TENDES UNHA MOSTRAS DAS ARTISTADAS DESTE MES:
POR UN LADO TRAS O SAMAÍN TRABALLAMOS OBRAS ARTÍSTICAS RELACIONADAS CO MEDO, COMO O CADRO "O GRITO" DE EDUARD MUNCH.
EN TRABALLO COOPERTATIVO, FALAMOS SOBRE O QUE NOS SUSCITABA ESE CADRO. XA QUE O PRINCIPIO VEIAMOS TAN SÓ A SILUETA COA CARA TAPADA.
QUE PODERÍA ESTAR SENTINDO ESA PERSONAXE?
PRONTO DESCUBRIMOS QUE ESTABA ASUSTADO...
O SEGUINTE PASO FOI QUE A TRAVÉS DA ESTRUCTURA DE FOLIO XIRATORIO, CADA NENO/A DO EQUIPO PODERÍA POÑER NO SEU CADRO A CARA QUE EL PENSASE QUE PODRÍA SER A MÁIS ADECUADA SEGÚN OS SEUS SENTIMENTOS. LOGO ESES CADROS ROTARÍAN POLOS DEMAÍS COMPAÑEIROS CON CADA GOLPE DA CAMPÁ NO SENTIDO DAS AGULLAS DO RELOXO PARA QUE TODOS PUIDESEN EXPRESARSE COAS CORES NOS CADROS DOS DEMAIS.
O RESULTADO FOI BEN CURIOSO, PERO TEREDES QUE ESPERAR A SEGUINTE ENTRADA...
OUTRA DAS ARTISTADAS QUE QUEREMOS COMPARTIR, E A REPRESENTACIÓN GRÁFICA DO OBSERVADO E DO MANIPULADO.
NA NOSA AULA TEMOS UN FERMOSOS RECANTO DA NATUREZA NO CAL VIVENCIAMOS EXPERIENCIAS CON ELEMENTOS NATURAIS, A TRAVÉS DE ESTA ARTISTADA O QUE PROVOCAMOS NOS NENOS/AS E QUE DESPOIS DA MANIPULACIÓN SE CENTREN NA REPRESENTACIÓN. DAMOS VALOR A COORDINACÍÓN ÓCULO-MANUAL, A IDENTIFICAR COMO ESTÁN COLOCADOS OS ELEMENTOS, A COMO TRASLADAR ESO O PLANO E IR POUCO A POUCO INTERIORIZANDO CONCEPTOS E FACENDO ABSTRACCIÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario